Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda concede subvencións por valor de máis de 140.000 a entidades locais de carácter social, cultural e deportivo

O concello da Guarda inicia a concesión de subvencións nominativas para este ano 2021.

O concello da Guarda inicia a concesión de subvencións nominativas para este ano 2021.

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Mayo de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O importe total das subvencións nominativas a entidades de carácter social, cultural ou deportivo acada un total de 116.400€. Así  17.100€ van destinados  a entidades de carácter social. Se distribuirán  9.000€ ao centro San Xerome Emiliani, 4.300€ á asociación Erguete de prevención das drogodependencias e educación e promoción da saúde, 3.000€ para a asociación Avelaíña,  de axuda a persoas  con problemas de saúde mental, e 800€ para a fundación As Samaritanas. Para as entidades de carácter cultural a cantidade total a distribuír  é de 29.300€ entre as que temos que destacar o apoio á Banda Musical da Guarda con 7.440€ ou o apoio a todas as comisións de festas patronais  da localidade, entre outras. E no ámbito deportivo o importe total é de 70.000€ que se distribúen da seguinte maneira, 35.000€ para o Club de Balonmán, 19.800€ para o Sporting Guardés, 13.200€ para o club de remo Robaleira e 2.000€ para a club de fútbol feminino, Unión Guardesa.

O alcalde, Antonio Lomba, quere significar que durante esta lexislatura se está facendo un esforzo para estar ao lado das diferentes entidades e asociacións  que miran polo desenvolvemento  cultural, social e deportivo da localidade e dos seus veciños e veciñas. Quere, de xeito expreso, trasladar o apoio do concello da Guarda ao asociacionismo que posibilita acadar un alto nivel  no eido deportivo,  a proxección cultural da localidade e se presta, por medio destas entidades,   unha atención aos problemas de carácter económico ou de saúde das persoas da nosa veciñanza.

O concello da Guarda tamén vai outorgar subvencións en concorrencia competitiva entre entidades e asociacións da localidade para a realización de actividades neste 2021. O importe total destas subvencións  é de 31.760€, ás que poderán acceder  en canto estean  publicadas as bases reguladoras das mesmas.

Para poder acceder a estas subvencións as  entidades ou asociacións  terán que estar inscritas no Rexistro de Asociacións do concello da Guarda. Con estas subvencións o alcalde, Antonio Lomba, reforza o compromiso coas asociacións que teñan como obxectivo  a realización de actividades, proxectos ou iniciativas nos ámbitos   cultural,  deportivo, social ou formativo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones