Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda contará cun operativo ampliado de seguridade cidadán

O alcalde da vila mantivo hoxe un encontro con Maica Larriba

A subdelegada do Goberno compromete un reforzo dos efectivos da Garda Civil para a localidade do Sur de Galicia

Fecha: 21 de Marzo de 2019

Fuente: Subdelegación do Goberno

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba comprometeu hoxe un operativo ampliado de seguridade cidadán para a localidade de A Guarda tras os roubos acontecidos nos últimos días. Larriba mantivo unha xuntanza co alcalde, Antonio Lomba, na que este mostrou a inquedanza que existe entre a veciñanza da súa localidade polos últimos roubos acontecidos na vila.

Nesta xuntanza, estivo tamén presente o máximo responsable da Garda Civil na provincia, o tenente coronel, Manuel Touceda e o capitán da compañía da zona Sur da provincia. No encontro e ante os datos dos últimos roubos decidiuse ampliar o operativo de seguridade na vila no que participará a Garda Civil e a propia Policía Local dentro das súas posibilidades.

A subdelegada considerou que en materia de seguridade cidadán sempre existen "picos" de incrementos, pero a realidade é que A Guarda é unha localidade segura xa que o ano pasado os corpos e forzas de seguridade do Estado acadaron un descenso do 20 por cento nas infraccións penais.

A realidade é que nos últimos días producíronse uns roubos que teñen intranquila á poboación polo que vaise a intensificar a vixiancia. Maica Larriba tamén aproveitou para solicitar a colaboración cidadán para que alerten ante a posibilidade de sospeitosos e que tamén denuncien sen medo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones