Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda e Caminha acollen o II Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho

Un evento preparado conxuntamente polos municipios de Caminha e A Guarda que pretende constituírse nun espazo de achegamento entre as dúas beiras do Río Minho a través do mundo da escrita

Un evento preparado conxuntamente polos municipios de Caminha e A Guarda que pretende constituírse nun espazo de achegamento entre as dúas beiras do Río Minho a través do mundo da escrita

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Agosto de 2021

Fuente: Concello da Guarda

Esta semana celébrase o II Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho, un evento preparado conxuntamente polos municipios de Caminha e A Guarda que pretende constituírse nun espazo de achegamento entre as dúas beiras do Río Minho a través do mundo da escrita:  novelas, investigación histórica ou social, relatos infantís son algúns dos exemplos que os visitantes a este evento poderán atopar ao longo do vindeiro fin de semana nas Prazas de Avelino Vicente ( A Guarda) e Praça Conselheiro Silva Torres (Caminha), onde se desenvolverá de maneira simultánea.

 

O evento constitúese de dúas partes diferenciadas: dunha banda a venda e exposición de libros publicados polos Concellos do Baixo e do Alto Minho e doutra banda a realización de actividades como presentacións de libros, recitais de poesía, concertos… que nos achegarán a nosa identidade literaria nun formato mais dinámico.

 

Aínda que o Encontro do Libro Luso Galaico é organizado polos Concellos de Caminha e A Guarda, están presentes nel os diferentes concellos da fronteira: Oia, O Rosal, Tomiño, Tui e Salceda de Caselas do lado galego e Caminha, Vilanova de Cerveira, Valença, Monçao e Melgaço.

 

De cara á programación complementaria (que podes consultar e preisncribirte mais abaixo), cabe subliñar os concertos de Nelson Quinteiro “As nosas músicas d’aquí” e de Xardín Desordenado o venres, ou as presentación do ensaio “ A Construcción da Fronteira Portuguesa” a cargo de Silvia Cernadas na tarde do sábado. O recital de diferentes poetas portugueses ou o concerto da Academia de música Fernandes Fâo, completarían a programación do sábado en A Guarda.

Pola súa parte o Grupo Folk guardés Na Revolta amenizará a noitiña do venres en Caminha e o autor Praxíteles González presentará en Caminha o domingo á tarde o seu traballo sobre o contrabando na fronteira.

 

Podes consultar o resto da programación e preinscribirte nas actividades do teu interese no programa adxunto e no enlace situado mais abaixo:

 

PROGRAMA NA GUARDA – Praza de Avelino Vicente

 

Venres 20 de Agosto

18:00h – Apertura do Encontro

19:00h – “As nosas músicas de A´qui” da Compañía de Nelson Quinteiro

20:30h – Apertura oficial

Alcalde do Concello da Guarda

Presidente da Câmara Municipal de Caminha

Presidente da União de Freguesias de Caminha e Vilarelho

Director do Jornal Digital Caminha 2000

21:30h – Concerto de “Xardín Desordenado”

 

Sábado 21 de Agosto

11:30h – Contacontos para nenos

12:00h – Presentación do libro “O Carocho do Río Miño”, de Brito Ribeiro

Presenta: Brito Ribeiro

Editorial: Nuceartes

12:40h – Concerto da Academia de Música

18:30h – Recital de Poesía de obras de autores da Ribeira do Miño “Krisálida”

19:30h – Relatorio “A Construción da fronteira na Idade Média”

Imparte: Silvia Cernadas

20:30h – Peche da Feira

 

Inscricións abertas en: https://www.woutick.es/evento/1617/entradas-ii-encontro-do-libro-luso-galaico-ribeira-do-mino

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí