Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda felicita aos deportistas Iago Soler, Elsa Pena e Sergio Rodríguez polos seus éxitos deportivos

O Concello da Guarda quere felicitar aos deportistas que na pasada fin de semana acadaron varios éxitos deportivos nas súas respectivas modalidades.

O Concello da Guarda quere felicitar aos deportistas que na pasada fin de semana acadaron varios éxitos deportivos nas súas respectivas modalidades.

Fecha: 03 de Julio de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O Concello da Guarda quere felicitar aos deportistas que na pasada fin de semana acadaron varios éxitos deportivos nas súas respectivas modalidades.

Por unha banda Iago Soler participaba na xornada do sábado no Campionato Galego de Natación na Piscina Rosario Dueñas de Ourense, onde obtivo moi bos resultados cun Ouro en 100m mariposa, Ouro en 100m espalda, Prata en 100m libres e Bronce en 200m espalda. Iago Soler, de 13 anos compite na categoría Alevín 2005 e foi cedido polo Clube de Natación Codesal ao Clube Náutico de Vigo. Iago fixo neste campionato unha marca mínima que lle permitirá participar no Campionato de España en Sabadell do 19 ao 22 de xullo.

A promesa do atletismo Elsa Pena participaba en Badajoz no Campionato de España de Triatlón Escolar e Autonomías, acadando o Ouro xunto cos seus compañeiros de Galicia na categoría Cadete na proba de relevos mixtos, Ouro por equipos e Ouro en individual.

O atleta guardés Sergio Rodríguez participaba esta pasada fin de semana no Campionato Galego Absoluto de Atletismo, celebrado nas Pistas de Elviña da Coruña, onde acadou o Subcampionato Galego con 21.76, unha marca mínima que lle permitirá participar no Campionato de España Absoluto este mesmo mes en Getafe.

Dende o Concello da Guarda congratúlanse dos éxitos acadados polos deportistas guardeses, animando á participación e á práctica deportiva.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones