Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda festexou o Día das Letras Galegas con música e baile

As asociacións e grupos folclóricos da Guarda uníronse no Auditorio de San Benito para lembrar a figura de Francisco Fernández del Riego.

As asociacións e grupos folclóricos da Guarda uníronse no Auditorio de San Benito para lembrar a figura de Francisco Fernández del Riego.

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Mayo de 2023

Fuente: Concello da Guarda

O pasado mércores día 17 de maio o Auditorio de San Benito da Guarda acolleu o tradicional Festival de música e baile, no que as diferentes asociacións da Guarda renderon tributo ao autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego.

Este ano, e ante máis de 700 persoas, o acto contou coa presenza da Agrupación Cultural Guardesa, que abríu o acto lembrando a figura de Francisco Fernández del Riego a través dunha reseña sobre a súa vida adicada a difusión das nosas letras e a nosa lingua.

A continuación interviron os diferentes grupos de música e baile tradicional como o Grupo de gaitas da Terceira Idade, o Grupo de Baile Xamaraina, Grupo de Pandereteiras Vento Mareiro, A Boalleira, Trebón dos Xidos e os grupos de baile Na ribeira do Miño (CEIP A Sangriña), Anduriñas (CEIP As Solanas) e Churumbela.  Todos eles tiveoán tamén ocasión de lembrar a memoria do autor homenaxeado a través de pequenas lecturas da súa obra.

Nunha xornada excepcional, A Guarda lembrou a figura do homenaxeado nesta edición 2023, contando cun total de 6 asociacións participantes e 9 grupos de baile e música.

A Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes quixo agradecer publicamente a participación e colaboración desinteresada das diferentes asociacións que no día de onte renderon homenaxe no Día das Letras Galegas coa entrega dun pequeno agasallo que representa a fachada mariñeira da Guarda

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí