Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda homenaxea ós seus remeiros de hai medio século

Sábado día 9 de xuño ás 17:00 horas no porto de A Guarda

Sábado día 9 de xuño ás 17:00 horas no porto de A Guarda

Fecha: 09 de Junio de 2018

Fuente: Robaleira/Piueiro

A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais "Piueiro" e o clube de remo "Robaleira" organizan o próximo 9 de xuño ás 17:00 horas no porto de A Guarda unha regata de homenaxe ós remeiros aficionados, pescadores todos eles, que entre os anos 40 e 70 do pasado século popularizaron o deporte do remo na vila do Baixo Miño.

A xornada de lembranza consistirá, no deportivo, nunha regata contrarreloxo de traineras na que tomarán parte clubes senlleiros do remo actual na Ría de Vigo, coma son o propio Robaleira, Chapela, Meira e Tirán, e outros doutras rías coma Bueu, Ares e Rianxo, que xa teñen confirmado, e posiblemente outras que queren sumarse a este acto.

Os remeiros de hoxe renden así homenaxe ós seus devanceiros, neste caso ós pescadores que hai máis de medio século popularizaron en A Guarda un deporte nado da propia práctica da pesca. Daquela, os pescadores organizábanse en botes de seis remeiros e un timonel -semellantes ás actuais traiñeiriñas- baixo o nome dunha taberna ou dunha tenda da vila e competían entre elas co gallo da celebración das festas do Carme. As diferentes embarcacións respondían a nomes coma Jaula, Morales, Barquiño ou Mau Mau, que son as máis antigas das que se ten memoria e que terían continuidade noutras coma Chupa Ovos, A Revoltosa ou Alpiste.

Neses intres, o porto de A Guarda enchíase de público para seguir o enfrontamento final entre dous botes e cóntase que os gañadores pasaban despois longas xornadas de celebración ás que se unían, en ocasións, os perdedores.

Piueiro ven de realizar unha labor de pescuda nos últimos meses para identificar, coa axuda de antigos participantes nas devanditas regatas, a tódolos remeiros posibles. Todos eles, os que aínda viven en persoa e os que non a través dos seus familiares, serán homenaxeados na xornada do 9 de xuño, recibindo unha peza de cerámica diseñada polos membros da asociación Avelaiña -adicada á axuda ás persoas con enfermedades mentais- e un libro fotográfico con imaxes de regatas do pasado, que serviron de base para atopar ós remeiros.

O acto, no que se espera a presenza de diversas autoridades, será conducido polo xornalista da Televisión de Galicia Terio Carrera.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones