Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda impulsa o proxecto Trega 2020+5

Deste xeito, tramitouse unha modificación do orzamento do Padroado para que sexa posible acometer a restitución do lintel da porta norte do xacemento castrexo.

Deste xeito, tramitouse unha modificación do orzamento do Padroado para que sexa posible acometer a restitución do lintel da porta norte do xacemento castrexo.

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Abril de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O concello da Guarda  elaborou o proxecto “Trega 2020+5” para desenvolver o potencial patrimonial, social, cultural e científico do castro  do Trega a través dunha actuación integral.  Así este proxecto  desenvólvese  en torno a tres eixos,  recuperar e consolidar os sectores do castro escavados entre 1910 e 1930,  manter de forma sostida no tempo o conxunto das estruturas escavadas no castro e expostas ao público e investigar e profundar no coñecemento arqueolóxico do castro  coa  finalidade de  crear contidos destinados á divulgación e ao incremento da valorización do patrimonio. 

 

A importancia do citado proxecto, que conta coa colaboración e financiamento do Padroado do Monte  Trega e a colaboración das Comunidades de Montes da Guarda e Camposancos, fixo que o alcalde da localidade e presidente do Padroado, Antonio Lomba, activase o inicio deste proxecto neste mesmo ano,  a pesar de non contar con resposta  por parte da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia á invitación de colaboración no mesmo. 

 

Deste xeito, tramitouse unha modificación do orzamento do Padroado para que sexa posible acometer a restitución do lintel da porta norte do xacemento castrexo. Esta actuación permitirá seguir pondo  en valor o xacemento castrexo cun elemento que aportará unha maior comprensión do recinto, esta  será a primeira das moitas inversións que se esperan para o que constitúe, segundo os expertos nesta materia, o maior xacemento castrexo de todo o noroeste peninsular.   

 

Xunto con esta actuación se procedeu tamén a dotar consignación para a redacción do proxecto de reforma dos aseos no cume no monte Trega.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí