Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda mellora o campo da Sangriña con novas instalacións e accesibilidade

O Concello da Guarda inviste preto de 120.000 euros, con apoio da Deputación de Pontevedra, para mellorar a accesibilidade e renovar as instalacións do campo de fútbol da Sangriña.

O Concello da Guarda inviste preto de 120.000 euros, con apoio da Deputación de Pontevedra, para mellorar a accesibilidade e renovar as instalacións do campo de fútbol da Sangriña.

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Agosto de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O campo municipal de fútbol da Sangriña atópase en proceso de mellora das súas instalacións coa construción dunha nova pasarela accesible, así como a renovación da cantina e do almacén da entrada.

A principal novidade será a pasarela que conectará a entrada coas gradas, permitindo un acceso máis cómodo e seguro para persoas con mobilidade reducida, usuarios de cadeiras de rodas e familias con carriños infantís.

Con esta actuación, o Concello da Guarda reforza a súa aposta pola mellora dos espazos deportivos municipais, non só para favorecer a práctica do deporte, senón tamén para garantir unha experiencia máis inclusiva e cómoda a espectadores e familias que acoden a apoiar aos equipos locais.

“Estamos moi contentos de poder darlle esta renovación ás instalacións do campo da Sangriña, pois é un punto de encontro para desfrutar do deporte e debe ser accesible para todos e todas”, sinalou o alcalde.

O campo da Sangriña é actualmente a sede da Unión Guardesa, do Sporting Guardés e do equipo de fútbol gaélico Gróvias F.G., polo que esta mellora beneficiará a centos de xogadores e afeccionados.

A intervención conta cun orzamento total de 118.512,99 euros, dos cales 69.715,10 euros proceden dunha subvención do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra, mentres que os 48.797,89 euros restantes son achega do Concello da Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí