Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda, O Rosal e Tomiño incluídos no Depo Desafío 2018

Para conseguir a vitoria hai que rematar 4 das 5 probas entre unha media maratón, unha BTT, unha proba de Trail, unha travesía a nado pola ría e un tríatlon

Para conseguir a vitoria hai que rematar 4 das 5 probas entre unha media maratón, unha BTT, unha proba de Trail, unha travesía a nado pola ría e un tríatlon

Fecha: 08 de Mayo de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada da deputada de Deportes Chelo Besada e do deputado de Turismo Santos Héctor, xunto aos alcaldes e alcaldesas e representantes dos concellos da Cañiza, Cerdedo-Cotobade, O Grove, A Guarda, O Rosal, Tomiño e Vigo, presentou o novidoso formato deportivo "Depo Desafío" que se desenvolverá entre xullo e outubro por estes sete concellos da provincia e que está destinado a deportistas amantes do deporte extremo.

Segundo informou Silva, o "Depo Desafío" enmárcase no Plan Estratéxico de Deportes e consiste nun novidoso proxecto dirixido a persoas maiores de 18 anos no que se combinan probas deportivas "cheas de experiencias, de emocións, e en contornas naturais de grande beleza: desde a beira do Miño, ata a ría de Arousa, montes da Cañiza e de Cerdedo-Cotobade e praias como a de Samil en Vigo". Máis polo miúdo, a presidenta provincial informou que este novidoso formato deportivo inclúe cinco probas diferentes que van dende a carreira a pé, ata a travesía a nado en mar, o tríatlon, a carreira en bicicleta de montaña BTT e o trail. A presidenta da Deputación asegurou que os principais obxectivos de "Depo Desafío" son "popularizar estas probas ao tempo que damos a coñecer as extraordinarias vilas e paraxes por onde se desenvolven, así como promover e concienciar á poboación sobre a práctica do deporte popular no medio natural dunha maneira respectuosa, sustentable e responsable".

A primeira das probas do "Depo Desafío" terá lugar, tal e como informou Silva, o 22 de xullo entre os concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda e consistirá nunha carreira a pé á beira do Miño, nun percorrido de 21 quilómetros e 97 metros que rematará aos pes do monte de Santa Trega.

O segundo desafío levarase a cabo o 12 de agosto e consistirá nunha travesía a nado de 1.200 metros entre o paseo marítimo do Grove e A Illa da Toxa. Pola súa banda, tamén en agosto, terá lugar a terceira proba do "Depo Desafío" que estará centrada no trail polo concello da Cañiza. Para esta terceira proba, as e os participantes deberán calzar zapatillas de trekking e prepararse para subidas e baixadas continuas a través dun percorrido de 15 quilómetros con espectaculares vistas. A cuarta cita será o 16 de setembro e consistirá nunha BTT polo concello de Cerdedo-Cotobade a través de 35 quilómetros no que as e os participantes terán que sortear múltiples escollos ata chegar á liña de meta. A última das probas será o 7 de outubro no concello de Vigo, na praia de Samil, e consistirá nun tríatlon na modalidade distancia sprint con 750 metros a nado, 20 quilómetros en bicicleta e 5 de carreira.

A presidenta da Deputación informou que mañá, a partir das 9.00 horas, ábrese o prazo para inscribirse no "Depo Desafío". En total, admitiranse un máximo de 300 participantes e terá un custo de 30 euros por persoa, que inclúe a participación en todas as probas, que terán categoría masculina e feminina. Silva adiantou que o prazo de inscricións remata o 2 de xullo e entre o 9 e 19 de xullo, de 9 a 14 horas, as persoas participantes deberán recoller os dorsais no servizo de Deportes da Deputación.

Tamén informou a presidenta que en cada unha das cinco probas haberá un gañador e unha gañadora que obterán un trofeo. Sen embargo soamente gañaran o "Depo Desafío" a muller e o home que finalicen ao menos 4 probas e consigan os máximos puntos. Tanto a gañadora como o gañador recibirán un trofeo e un dorsal personalizado e intransferible para o maratón Berlín, que inclúe voo e aloxamento para el/ela e acompañantes.

Pola súa banda, os alcaldes e alcaldesas presentes na presentación do "Depo Desafío" amosaron o seu agradecemento á Deputación de Pontevedra pola posta en marcha da iniciativa, que nace chea de éxito xa que permite combinar a práctica deportiva co fomento do turismo e a promoción do territorio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí