Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda oferta en maio unha programación centrada nas Letras Galegas e no medio ambiente

A Guarda continua a súa programación cultural neste mes de maio con actividades variadas, sendo a homenaxe a Xela Arias o eixo fundamental da mesma.

A Guarda continua a súa programación cultural neste mes de maio con actividades variadas, sendo a homenaxe a Xela Arias o eixo fundamental da mesma.

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Mayo de 2021

Fuente: Concello da Guarda

  • O Ciclo “Sostendo o futuro” e as actividades entorno á figura de Xela Arias centran a programación deste mes con proxeccións, teatro, charlas, recitais e moito máis.
  • A Guarda continua a súa programación cultural neste mes de maio con actividades variadas, sendo a homenaxe a Xela Arias o eixo fundamental da mesma.

O Concello da Guarda, a través das concellerías de Cultura e Medio Ambiente, veñen de programar diversas actividades para este mes de Maio, unha programación centrada nas Letras Galegas e no medio ambiente que traerán á Guarda proxeccións, teatro, charlas, recitais e moito máis.

A programación arranca este sábado día 8 de Maio coa proxección do filme “O que Arde” ás 19:30h no Centro Cultural da Guarda. Un filme dirixido por Óliver Laxe que transcorre en zonas rurais de Galicia e que amosa o problema da desaparición do medio rural a consecuencia dos incendios forestais. Esta proxección enmárcase dentro do ciclo de actividades medioambientais “Sostendo o Futuro”.

O sábado 15 de maio continúa a programación de maio ás 20:00h no Centro Cultural coa representación teatral de “32M2 – Unha xira confinada”. Esta obra de teatro, creada pola plataforma ButacaZero, trata sobre o absurdo do confinamento, coa finalidade de provocar nos asistentes unha catarsis colectiva ante un acontecemento que ten marcado, e marcará, a vida da sociedade. Unha comedia de enredo sobre a nosa realidade máis recente coa que público sentirase seguramente identificado. O prazo para a reserva de entradas abrirase o venres 7 de maio a través do mail centrocultural@aguarda.es

Xa para a seguinte semana concéntranse actividades dirixidas a todo tipo de público, como son a Charla- debate sobre a ALARGASCENCIA para o venres 21 de maio que, dentro do ciclo “Sostendo o Futuro”, busca a reflexión sobre os nosos hábitos de consumo efímeros.

O Conto dos Ratos de Lonxedetodo dirixido aos mais pequenos da casa dentro das actividades da Biblioteca Municipal para a mañá do 22 de maio no Salón de Actos do Centro Cultural. E xa o 22  de maio a tarde chegará o momento de homenaxear a Xela Arias cunha lectura de poemas pública na Praza do Reló ás 19:00h. que contará coa participación do IES A Sangriña e a colaboración da Agrupación Cultural Guardesa. Esta lectura de poemas non será o único evento adicado a Xela Arias - poeta homenaxeada neste 2021 e que foi mestra no noso instituto-  xa que para a última fin de semana do mes, terá lugar no Centro Cultural un singular espectáculo creado para este ano por Fernando Abreu baixo o nome “Vencerse é cousa de se tratar” e que ten a súa orixe nun recital que o propio Abreu e Xela estaban a preparar no momento do seu pasamento. O espectáculo recupera as voces da poeta que quedaron rexistradas dentro dos traballos de preparación daquela e agora toman forma ao tempo que fotografías e versos da súa obra son proxectados na pantalla, acompañados instrumentalmente por Fernando Abreu e Pablo Carrera, así como Mónica de Nut lendo os poemas de Intempériome.

A exposición de poemas en variados formatos completan esta programación tendo dunha banda a exposición de poemas de Xela nos comercios “Tódalas poetas son tu e ningunha coma ti” e a segunda edición do Tendal de Poemas, que este ano colonizará os lavadoiros da localidade da man dos centros educativos da vila.

Ademais, paralelamente a todas estas actividades, mantense ata o 22 de maio a Ruta do Libro, que obsequia a todos aqueles que consuman libros na nosa localidade cunha bonita bolsiña de tela para poder transportalos.

Como xa ven sendo habitual tódalas actividades requiren de inscrición previa no mail centrocultural@aguarda.es, abríndose o prazo de inscrición unha semana previa ao evento en si.

Os comercios que queiran acoller os poemas de Xela Arias no seu escaparate poden anotarse no mail cultura@aguarda.es ata o 18 de maio.

PROGRAMACIÓN MAIO 2021

SÁBADO 8 MAIO,

19:30H. CENTRO CULTURAL

Filme “O que Arde”

Dentro do ciclo de actividades medioambientais “SOSTENDO O FUTURO”

SÁBADO 15 MAIO

20:00H. CENTRO CULTURAL

Teatro “32m2”

VENRES 21 MAIO

20:00H. CENTRO CULTURAL

Charla sobre Alargascencia, a cargo de Amigos da Terra

Dentro do ciclo de actividades medioambientais “SOSTENDO O FUTURO”

SÁBADO  22 MAIO

12:00H. Centro Cultural

Contos dos Ratos de Lonxedetodo

19:00H. PRAZA DO RELÓ

Homenaxe a Xela Arias “Todas as poetas son tu e ningunha coma ti”, con lectura de poemas.

SÁBADO  29 MAIO

19:00H. CENTRO CULTURAL

Vencerse é cousa de se tratar.

Recital-performance inconcluso por Xela Arias basado no libro Intempériome

Ademais:

  • Tendais de poemas nos lavadoiros da vila a cargo dos colexios da Guarda

 

  • Ruta literaria polos comercios “Tódalas poetas son tu e ningunha coma ti” (do 18 de maio ao 18 de xuño).
  • Tódalas actividades precisan reserva previa de entradas en centrocultural@aguarda.es indicando: nome completo dos asistentes, teléfono de contacto, idade no caso dos menores de idade e se forman unidade de convivencia.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones