Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda reivindica a Feliciano Rolán cun multitudinario acto na Casa dos Alonso

O escritor e tradutor Anxo Angueira e o editor Henrique Alvarellos tamén tomaron parte no acto cultural que contou coa actuación musical de Pablo Vidal (contrabaixo) e Clara Pino (arpa).

O escritor e tradutor Anxo Angueira e o editor Henrique Alvarellos tamén tomaron parte no acto cultural que contou coa actuación musical de Pablo Vidal (contrabaixo) e Clara Pino (arpa).

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Abril de 2023

Fuente: Concello da Guarda

  • A Asociación Piueiro, o Concello da Guarda e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia impulsaron o evento no que se presentaba de forma oficial a edición bilingüe de “De mar a mar”, o poemario que Feliciano Rolán publicou en castelán no ano
  • O escritor e tradutor Anxo Angueira e o editor Henrique Alvarellos tamén tomaron parte no acto cultural que contou coa actuación musical de Pablo Vidal (contrabaixo) e Clara Pino (arpa).

 

A Casa dos Alonso acolleu no mediodía do sábado día 1 de abril un dos actos máis emotivos de cantos organizou no seus case seis anos de existencia a Asociación Cultural Piueiro en colaboración co Concello da Guarda, a presentación dunha coidada edición bilingüe do poemario “De mar a mar”, de Feliciano Rolán.

 

Neste evento, que contou coa colaboración do Concello da Guarda, a secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta, a editorial Alvarellos, o poeta, profesor e tradutor Anxo Angueira e o propio pobo da Guarda, contouse cunha excelente acollida de público con numerosos veciños que acudiron a homenaxear a un  dos seus, o escritor Feliciano Rolán (Vigo, 1907 - A Guarda 1935).

 

Coa tradución ao galego, “De mar a mar”, un conxunto de poemas que na  súa publicación orixinal recibiu o eloxio de autores como Juan Ramón Jiménez, Federico García Lorca, Álvaro Cunqueiro ou Luís Seoane, conta agora cun espazo preferente na colección “Rescate” da editorial Alvarellos, onde coincide con autores da talla de Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Vicente Risco ou Álvaro Cunqueiro.

“De mar a mar. Poemas 1932-1933”, a pesar de quedar  relativamente relegada tras a prematura morte do seu autor aos 27 anos, foi unha referencia para os membros da Asociación Piueiro, que traballaron sen descanso para difundir a obra, breve pero intensa, de Feliciano Rolán e, concretamente, este libro de temática marítima é un dos preferidos dos veteranos pescadores e armadores guardeses.

 

Na presentación oficial celebrada o pasado sábado participaron Montse Magallanes, concelleira de Cultura da Guarda; Tito Chirro, pola Asociación Piueiro: Henrique Alvarellos en representación da editorial; Celso Fariñas como colaborador da obra; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, e Antonio Lomba, alcalde da Guarda.

 

O evento contou coa actuación musical de Pablo Vidal (contrabaixo) e Clara Pino (arpa) e a colaboración da libraría Ler.

 

A nova edición do poemario conta cun ensaio de Gregorio Ferreiro Fente que clarifica a obra de Rolán, ademais de achegar imaxes, manuscritos e debuxos inéditos. Pola súa banda, Celso Fariñas debulla a biografía literaria do autor, que termina de entenderse na súa totalidade cos testemuños de Ricardo Carvalho Calero e Carlos Martínez-Barbeito, quen coñeceu ao poeta que é agora homenaxeado por Piueiro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí