Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda remata o ano con contacontos, títeres e a visita do Apalpador

O Concerto Ventos de Nadal, previsto para o mércores 29, foi anulado por protocolo COVID-19.

O Concerto Ventos de Nadal, previsto para o mércores 29, foi anulado por protocolo COVID-19.

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Diciembre de 2021

Fuente: Concello da Guarda

A programación do Nadal 2021 continúa nesta derradeira semana de 2021 na Guarda con diferentes propostas para todos os públicos que conta con contacontos, títeres e a visita do Apalpador.

 

Mañá martes día 28 de decembro ás 18:00h o Centro Cultural acolle “Little neno descobre a… Os Beatles. O Concello da Guarda acollerá a primeira actuación da xira Galega do espectáculo familiar de Little neno un contacontos recomendado para tódalas idades e no que o público descubrirá o mundo dos Beatles dunha forma amena e divertida.

Ademais é un espectáculo inclusivo xa que é signado tanto no conto coma nas cancións.

Little Neno é un cativo que cada vez que durme aparece no universo dalgunha banda de música lendaria. Trátase dun contacontos teatralizado e musicalizado dirixido para desfrutar con tódala familia ,cun pequeno concerto o final. Reserva de entradas en www.evenbrite.es

 

Para a xornada do mércores día 29 de decembro estaba prevista a realización do Concerto Ventos do Nadal a cargo da Agrupación Musical da Guarda, pero por protocolo COVID-19 foi anulado.

 

Continúa a programación o xoves día 30 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural con Titiricircus. Titiricircus é o "todoterreo" da nosa carteleira, con máis de 1200 representacións. Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista.

Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo.... Reserva de entradas en www.evenbrite.es

 

Xa para rematar a semana o venres 31 de decembro chega á Guarda o Apalpador, que realizará un pasarrúas polo centro da vila a partires das 13:00h do mediodía. Unha actividade enmarcada no programa “Nadal en Galego” do Departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra.

 

 

 

AXENDA DE NADAL

 

 

MARTES 28 DE DECEMBRO

18:00h Centro Cultural

“Little neno descobre a… Os Beatles”, de A Reixa Produccións

Reserva de entradas  en eventbrite.es

 

XOVES 30 DE DECEMBRO

18:00h Centro Cultural

TITIRICIRCUS, con Tanxarina Títeres

Reserva de entradas en eventbrite.es

 

VENRES 31

13:00h Pasarrúas polo centro da vila

O Apalpador chega á Guarda

Organiza Deputación de Pontevedra

 

DO 3 AO 5 DE XANEIRO

CARTEIROS DO NADAL polas rúas da Guarda

Horario: 3 e 4 de 17:00h a 20:00h.

                 5, de 11:30h. A 14:30h.

 

MARTES 4 DE XANEIRO

17:30h Alameda

CIRCO RASNOVARAK, con Troula Animación

Espectáculo de rúa con animais xigantes

 

MÉRCORES 5 DE XANEIRO

12:00h Pavillón Municipal da Sangriña

Partido Benéfico de Balonmán entre Atl. Guardés e BM Porriño

Recollida solidaria de alimentos non perecedoiros

 

Visita dos Reis Magos con paseo polas principais rúas da localidade.

 

Enlace para inscrición de eventos en eventbrite.es:

 https://www.eventbrite.es/o/concello-da-guarda-35370803503

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí