Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda será escenario da recuperación da memoria do cinema galego a través do seu pioneiro, José Gil

Venres 17 e sábado 18 de marzo proxeccións en diferentes emprazamentos da vila da Guarda.

Venres 17 e sábado 18 de marzo proxeccións en diferentes emprazamentos da vila da Guarda.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Marzo de 2023

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda acolle os días 17 e 18 de marzo unha actividade para a recuperación da memoria do cinema galego a través de diferentes proxeccións dun dos seus pioneiros, José Gil.

As actividades arrancan na xornada do venres día 17 de marzo ás 10:00h no Centro Cultural e continúan na xornada do sábado día 18 de marzo ás 10:00h da mañá na Praza do Reló, con posterior sesión vermú amenizada pola Agrupación Musical da Guarda e pola tardea partires das 17:00h no Centro Cultural. En caso de choiva as actividades de exterior trasládanse ao interior da Casa dos Alonso.

Vía Láctea Filmes, Cine na Rúa e Editorial Galaxia, co apoio da Deputación de Pontevedra, son os promotores desta xira que fai na vila guardesa a súa cuarta parada.

José Gil (Rubiós-As Neves, 1870-1937) foi un fotógrafo e pioneiro do cinema galego que realizou máis de 150 filmes entre 1910 e 1936, principalmente no sur de Galicia.

Foi tamén un home singular, comprometido, sempre á última das innovacións artísticas e tecnolóxicas do seu tempo, e cunha vida dramática  que non impediu que, por natureza e afouteza de carácter, lograra desenvolver unha andaina profesional apaixoante e trascendental para o cinema en Galicia.

Co proxecto JOSÉ GIL. PONTEVEDRA, PROVINCIA DE CINE, NA ORIXE DO CINEMA, que desembarca os venres 17 e sábado 18 de marzo na Guarda, pretendemos reparar o esquecemento sobre a súa vida e a súa obra, dalo a coñecer á veciñanza e á comunidade educativa da vila, e poñer en valor o legado deste grande precursor cuxa obra atopa equivalencias na doutros pioneiros do cinema nos territorios periféricos da cinematografía mundial a comezos do século XX.

Temos constancia de que as localizacións extraordinarias de Santa Tegra e a desembocadura do Miño foron visitadas en varias ocasións pola cámara de Gil en varias peliculas como: La villa de la Guardia, el monte de Santa Tecla (1920), Panorama de Santa Tecla (1932). No Teatro-cine Ideal da Guarda -inaugurado no 1917- proxectáronse algúns filmes do cineasta, como “Los Reyes de España en su visita a  Vigo” (1927) e algúns dos seus “Noticiario de Galicia” (1927-1932).

Ademais, A Guarda é un dos escasos lugares nos que chegou a funcionar o Cinemóbil Nº1, ata a destrución do propotipo por mor dun incendio na noite do 11 de decembro de 1926.

Tamén era a vila do produtor executivo de Celta Films, Higinio Troncoso, que mantivo unha relación de amizade con José Gil.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí