Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guardia Civil investiga varios roubos perpetrados na pasada madrugada na Guarda

Os ladróns entraron na Capela da Guía, roubando o diñeiro recadado nos petos de limosnas na fin de semana durante as festas

Tamén roubaron nunha axencia de viaxes e tentaron entrar en dous establecementos de hostalaría

Fecha: 09 de Septiembre de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

A pasada madrugada os amigos do alleo traballaron dabondo na Guarda, entraron na Capela da Virxe da Guía, onde roubaron o diñeiro recadado nos petos de limosnas, xusto ao remate das festas que tiveron lugar esta fin de semana.

Por utra banda tamén accederon ao local dunha axencia de viaxes na Rúa Brasilino Álvarez, onde esnaquizaron o cristal dunha das portas para entrar ao seu interior, sen que se saiba de momento a cuantía susbstraída.

Por outra banda tentaron acceder a dous locais de hostalaría da Rúa Galicia, onde romperon o cristal da porta nun deles e o cristal da fachada noutro, neste último foi decisiva a colaboración cidadá, que alertaron do acontecido ás forzas do orden, así como berraron aos ladróns, evitando que estes accederan ao local.

A Guardia Civil esclarece arestora estes feitos, recomendando denunciar os mesmos para clarexar o acontecido.

Mañá martes día 10 de setembro de 2019 o tenente de alcalde do Concello da Guarda, Anxo Baz, manterá unha reunión co Subtenente do Posto da Guarda Civil da Guarda, Elogio Rivas, para entre outros temas, tratar o recente incremento de furtos en establecementos comerciais na vila.

Deste xeito, Anxo Baz pedirá novamente un operativo de seguridade cidadán, para coordinar os corpos de seguridade de cara restaurar a tranquilidade e seguridade habitual da nosa vila.

A Guarda é un pobo tranquilo e seguro polo que precisamos tomar medidas en momentos puntuais coma este para garantir que o siga sendo e frear a acumulación de feitos delituosos.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones