Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A humanización da Avenida de Portugal suporá unha mellora importante e prioritaria da entrada en Galicia dende Portugal

Hoxe publícase no BOE o anuncio de licitación da obra

Hoxe publícase no BOE o anuncio de licitación da obra

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Tui

A humanización da Avenida de Portugal suporá un investimento superior aos 600 mil euros. Trátase dunha obra “prioritaria e moi necesaria que contribuirá á transformar esta vía” segundo explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.  O rexedor tudense lembra que a execución desta humanización é unha vella reivindicación que está máis próxima de facerse realidade.

Hoxe mesmo no Boletín Oficial do Estado publícase o anuncio de licitación da Dirección General de Carreteras de “Adecuación y mejora de seguridad vial. Carretera N-551 P.K. 1+400 a 1+850. Término municipal de Tui”. As empresas interesadas teñen até ás 19 h do 20 de xullo para presentar as súas ofertas.

A actuación prevista, cun importe de 604.916 executarase nun tramo de 400 metros dende a intersección entre a N-551 e a N-550 no cruce do Parador Nacional de Turismo, e a vella Ponte Internacional.

Con esta actuación mellorarase tanto a seguridade vial coma estética deste tramo que é a entrada a España dende Portugal, e que é a porta de entrada do Camiño de Portugués de Santiago a Galicia.  Contémplase o ensanchado da beirarrúas, e a colocación de arborado.

Ante a licitación desta obra o alcalde de Tui sinala que é "tan importante coma esperada toda vez que é un proxecto no que levamos traballando e loitando por el dende hai moito tempo". Lembraba así a moción aprobada en pleno en 2011 instando ao Estado a adecuar esta vía, e coma en 2015 cando accedeu ao goberno foi a primeira memoria de actuación urbana realizada.

Engade Enrique Cabaleiro que é "unha obra importante para Tui pero importante tamén para Galicia e para España. Non podemos esquecer que esa é a principal porta de entrada de Portugal no noso país, Camiño de Santiago, e polo tanto era unha obra prioritaria, moi necesaria e que dalgunha forma contribuirá a transformar esa vía e tamén a percepción que poidan ter aquelas persoas que dende Portugal entran en Galicia pola mesma".

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinala que “se todo vai ben as obras poderían comezar a executarse no último trimestre deste ano ou comezos de 2023” confiando que a este proxecto non afecte o sobrecusto que se está a rexistrar nas obras dende que se proxectan até que se executan.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí