Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A iniciativa -Camisetas solidarias la vuelta 2016- recaudará fondos para a asociación stop accidentes

O acto que tivo lugar no Centro Cultural de A Guarda contou coa participación do director xeral de Unipublic, Javier Guillén, e a delegada e portavoz de Stop Accidentes en Galicia, Jeanne Picard.

O acto que tivo lugar no Centro Cultural de A Guarda contou coa participación do director xeral de Unipublic, Javier Guillén, e a delegada e portavoz de Stop Accidentes en Galicia, Jeanne Picard.

Fecha: 16 de Agosto de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o Secretario Xeral de Deporte, José Ramón Lete, participaron esta tarde na presentación da iniciativa ‘Camisetas Solidarias La Vuelta 2016' promovida por Unipublic, empresa organizadora do campionato ciclista, e a Asociación Stop Accidentes

O acto que tivo lugar no Centro Cultural de A Guarda contou coa participación do director xeral de Unipublic, Javier Guillén, e a delegada e portavoz de Stop Accidentes en Galicia, Jeanne Picard.

A iniciativa consiste na venta dunha edición especial de camisetas deseñadas co paso de La Vuelta 2016 por Galicia cun obxectivo solidario: os fondos recadados irán destinados á Asociación Stop Accidentes.

As camisetas poderán adquirirse na saída e na meta de cada unha das etapas que transcorrerán por Galicia e o seu prezo será de 5 euros.

Durante o acto, a directora de Turismo de Galicia resaltou a valiosa labor que ven realizando a asociación de axuda e orientación a afectados por accidentes de tráfico dende o ano 2000, ano da súa fundación.

Neste senso, afirmou que a iniciativa constitúe unha oportunidade única para concienciar da importancia do cumprimento das medidas de seguridade e fomentar e difundir a cultura da seguridade viaria.

Así mesmo, destacou como as camisetas mostran o importante papel que xoga Galicia na 71 edición de La Vuelta ao ser o punto de partida deste gran acontecemento deportivo que conxuga a competición coa promoción turística por onde discorre e albergar as súas sete primeiras etapas.

Pola súa parte, o Secretario Xeral para o Deporte, gabou a participación de La Vuelta a España en iniciativas de carácter solidario. "A Volta é un referente de evento deportivo internacional, e tamén de actuacións solidarias. O deporte exemplifica os mellores valores, e a solidariedade atópase entre eles", afirmou.

Asemade, quixo tamén destacar a necesaria implicación de todos na seguridade viaria. Para Lete Lasa "é responsabilidade conxunta traballar pola mellora da seguridade viaria e, por suposto tamén, por aumentar a concienciación, o que pasa necesariamente pola educación".

Neste sentido, continuou o Secretario Xeral "temos que felicitarnos de que a bicicleta sexa unha ferramenta de ocio e un medio de transporte cada vez máis xeneralizado e con maior presenza nas núas rúas, pero elo debe acompañado dunha maior formación e concienciación no uso e manexo da bici".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones