Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A IV edición do Galifornia Beat chega ao Porto da Guarda esta fin de semana

As pistas deportivas do Porto da Guarda e arredores acollen dende este venres día 3 de agosto a IV edición do Galifornia Beat

As pistas deportivas do Porto da Guarda e arredores acollen dende este venres día 3 de agosto a IV edición do Galifornia Beat

Fecha: 04 de Agosto de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

As pistas deportivas do Porto da Guarda e arredores acollen dende este venres día 3 de agosto a IV edición do Galifornia Beat, un evento multicultural que se estenderá ata a xornada do sábado día 4 de agosto e que contará con sesión vermouth, concertos, graffitis, break dance, market place e moito máis.

Contando cunha superficie total de 30,000 metros cuadrados, a Asociación Cultural Galifornia Beat, organizadora do evento, traballa arreo para ter todo preparado para esta fin de semana.

O IV Galifornia Beat arranca o venres ás 12:00h coa apertura da zona gastronómica coa asistencia de varios foodtrucks e un marketplace, un espazo reservado para todo aquel que desexe amosar o seu traballo, tanto artesanal, artístico coma empresarial, obradoiros, etc. Contará o Marketplace coa colaboración de Peluq art, peluqueria e estética pola voluntade, onde os fondos recadados serán destinados a organización do evento.

Ás 14:00h do venres abrirase a quenda para que todos os participantes nas diferentes modalidades realicen skate libre e coñezan as instalacións do Galifornia Beat, iniciándose ás 19:00h a primeira competición co Best Trick e ás 20:00 a «Batalla de Gallos», unha novidade desta IV edición que consiste no enfrontamento entre dous rapeiros(MC), onde cada un ten un minuto e o seguinte ten outro para facerlle a réplica ao primeiro. Valorarase a dificultade das rimas, o flow e a capacidade de réplica, contando cun primeiro e segundo premio.

Ás 21:00h arrancarán os concertos desta primeira xornada que correrán a cargo das bandas Glitter & Litter(Pontevedra), Crema(Gijón), Viva Belgrado(Córdoba), Kings of the Beach(Vigo) e unha gran afterparty nas Pozas, que porá o punto e final desta primeira xornada.

Na xornada do sábado día 4 de agosto o IV Galifornia Beat arranca de 10:00h a 11:00h coa apertura de inscricións para a proba de Street Sub 16, que se iniciará ás 11:00h e na cal a organización quere premiar á canteira, cunha competición adicada especialmente aos máis pequenos con rondas eliminatorias de dous minutos onde o xurado valorará aos riders polo seu flow, trucos e orixinalidade.

Ás 12:00h do mediodía chegará a hora da WS Skateboard School, unha escola de skate para nenos e de balde, onde os máis pequenos poderán aprender este deporte da man de profesionais e ás 13:00h realizarase un concerto e sesión vemouth a cargo d do grupo de música os Lombardi(Portonovo) e sesión do DJ Nacho Saa(Vinilo set).

Entre as 14:00h e as 16:00h abrirase o prazo de inscricións para o resto de probas deportivas que se celebrarán pola tarde, iniciando esta quenda a de Open S.K.A.T.E. ás 16:00h, unha das probas máis técnicas onde os trucos e as acrobacias serán os protagonistas.

Ás 17:00h terá lugar o Open Street, onde se permite aos participantes un tempo libre para practicar facendo eliminatorias cun determinado tempo ata chegar ás finais.

Ás 18:00h arrancará a exhibición de Biketrial, modalidade onde cada rider ten que sortear diferentes obstáculos co mínimo apoio cos pés.

A Masterclass Break Dance chegará sobre as 18:00h, unha actividade para todas as idades, onde poderedes aprender os pasos básicos desta disciplina e ademais gozar dun agradable momento.

Ás 20:00h chegará o momento do Open Mini Ramp, unha proba que se realiza nun half con rondas individuais e na que os riders realizan trucos coma se dunha coreografía se tratase. Neste momento iniciaranse os concertos a cargo dos grupos Milhomes(A Guarda) e Fuzzil(Portugal).

Xa ás 22:00h realizarase a entrega de premios e posterior afterparty nas Pozas con Captain JailRock DJ.

Dende o Concello da Guarda convídase a participar e gozar da ampla programación de actividades desta IV edición do Galifornia Beat, un evento que xa se consolida no calendario estival da vila guardesa.


Programación:
Venres 3
12:00h Apertura Food Trucks y Market Place
14:00h Skate libre
19:00h Best Trick
20:00h Batalla de gallos
21:00h Concertos e Afterparty
Sábado 4
10:00h-11:00h Inscricións Street Sub 16
11:00h Street Sub 16
12:00h WS Skateboard School
13:00h Concerto de sesión vermouth
14:00h-16:00h Inscricións
16:00h Open S.K.A.T.E.
17:00h Open Street
18:00h Exhibición Biketrial
18:30h Masterclass Break Dance
20:00h Open Mini Ramp/Concertos
22:00h Entrega de premios
Fin: Afterparty

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones