Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Máquina do Tempo de Teatro Ghazafelhos abre a programación de actividades da Biblioteca Municipal neste mes de outubro

Será este martes ás 17.30 h para público a partir dos 5 anos.

Será este martes ás 17.30 h para público a partir dos 5 anos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Octubre de 2022

Fuente: Concello de Tui

A Biblioteca Pública Municipal de Tui abre a súa programación de actividades para este mes de outubro, arredor da celebración do “Día da Biblioteca”, cun espectáculo de animación para os máis cativos, dende os cinco anos, titulado “A máquina do tempo” a cargo do grupo de teatro Ghazafelhos. Esta actividades terá lugar o martes, 4 de outubro, ás 17.30 h con entrada de balde ata completar o aforo.

“A máquina do tempo” é unha peza de teatro que ilustra dun xeito ameno e pedagóxico a historia das civilizacións. Coa axuda dunha curiosa escenografía, Pepablo Patinho e Montse Piñón, farán un percorrido pola historia a través de dúas chamativas personaxes:  A doutora Mon e o seu axudante Pe. Durante o espectáculo precisarán da axuda do público que viaxará xunto coa doutora e o seu axudante a distintas épocas da nosa historia. Teatro Ghazafelhos propón con esta peza teatral unha aventura educativa a partir do humor.

A concelleira de cultura, Sonsoles Vicente, anima ás familias a participar nesta actividade que achegar á historia das civilizacións de xeito atractivo para todos. Con esta proposta inicia a Biblioteca tudense unha nova xeira de actividades de animación á lectura que pretende achegar de forma lúdica á lectura e á cultura a todos os segmentos sociais.

Esta actividade forma parte do programa “Ler conta moito” que promove a Consellería de Cultura, Educación, F.P. e Universidade da Xunta de Galicia para a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas de Galicia e no que participa o Concello de Tui.

 

 

 

Programa Mes da Biblioteca

  • Martes, 4 de outubro, ás 17.30 h na Biblioteca Municipal de Tui
    • “A maquina do tempo” por Teatro Ghazafelhos
  • Venres, 7 de outubro, ás 20.00 h na Biblioteca Municipal de Tui
    • Presentación do libro “El báculo de San Epitacio” do autor tudense Emilio Estévez
  • Martes, 11 de outubro, ás 17.30 h na Biblioteca Municipal de Tui
    • “Os Nortis e os libros sen título” de “Juste Kamishibai papel e teatro”
  • Luns, 17 de outubro, na Sala de Exposicións Municipal
    • Inauguración da exposición “Castelao grafista (facsímile)” da Afundación, Obra Social de Abanca, coa colaboración da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia – Xunta de Galicia.
  • Segunda quincena de outubro no Anexo da Sala Municipal de Exposicións
    • Exposición fotográfica sobre a “Misión Atalanta” que desenvolven as Forzas Armadas españolas no océano Índico. Promove a Subdelegación de Defensa e a Comandancia Naval do Miño.
    • Haberá charla informativa sobre esta misión dos militares españois.
  • Martes, 18 de outubro, ás 18.00 h na Biblioteca Municipal de Tui
    • “Xogando coas palabras” co mago Javier Muro
  • Martes, 22 de outubro
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones