Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A MARCHA BTT DO ATLÁNTICO ABRÍU AS SÚAS INSCRICIÓNS

O evento celebrarase o 20 de marzo, non terá carácter competitivo e estará limitado a un máximo de 400 participantes.

A proba percorrerá un circuito de 40 quilómetros polos montes da Guarda, Oia e O Rosal

Fecha: 14 de Marzo de 2016

Fuente: Prensa Qualitesport

A primeira edición da marcha BTT do Atlántico iniciou o seu período de inscricións. Esta proba non competitiva de 40 quilómetros vaise celebrar dende as 9:30 da mañá do domingo 20 de marzo e transcorrerá pola ruta de BTT que percorre a Serra da Groba, atravesando os concellos do Rosal, Oia e A Guarda. Precisamente, será neste último municipio onde se sitúen as liñas de saída e meta, nas inmediacións do CEIP A Sangriña.

As inscricións para esta proba poderanse realizar desde o 20 de xaneiro ata o 16 de marzo na web www.championchipnorte.com , de forma presencial no ximnasio Excálibur da Guarda ou mediante transferencia bancaria. Esta marcha ciclista estará limitada a un máximo de 400 participantes e será preciso ter cumpridos os 16 anos, no día da súa celebración, para poder participar.

A I BTT do Atlántico está organizada por Qualité Sport Events, a mesma entidade que puxo en marcha con éxito as carreiras 10K O Rosal-Feira do Viño e 15K do Atlántico. O seu responsable, o rosalés Serafín Martínez, declarou que "con esta ruta en BTT, ao igual que coas probas de running que celebramos nesta bisbarra, buscamos dinamizar e dar a coñecer a través da práctica deportiva os fermosos paraxes naturais do Baixo Miño. É por iso que tamén nesta ocasión contaremos coa colaboración dos concellos da Guarda, Oia e o Rosal".

A organización contará cunha páxina web www.bttdoatlantico.com na que darán conta polo miúdo de tódalas novidades que vaian xurdindo ao redor da proba.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones