Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A MATRACA DA CATEDRAL DE TUI SOARA DE NOVO NESTA SEMANA SANTA

A Semana Santa tudense continúa enriquecendo o seu acervo, recuperando agora unha tradición interrompida, hai algunhas décadas, o son da matraca ou carraca

A Semana Santa tudense continúa enriquecendo o seu acervo, recuperando agora unha tradición interrompida, hai algunhas décadas, o son da matraca ou carraca

Fecha: 04 de Abril de 2015

Fuente: Asoc. Amigos da Catedral de Tu

A Semana Santa tudense continúa enriquecendo o seu acervo, recuperando agora unha tradición interrompida, hai algunhas décadas, o son da matraca ou carraca substituirá, tamén este ano, o tradicional son das campás da catedral tudense, convocando aos fieis ás celebracións litúrxicas propias destas datas.

Recuperada esta tradición o pasado ano logo de 59 anos gracias á colaboración do Concello de Tui e o Cabido da Catedral as vellas rúas tudense acolleran de novo o son adusto, seco e rexo da matraca catedralicia convocándonos á celebración do misterio pascual; o son da matraca catedralicia recolle coa súa acústica unha anterga expresión da sensibilidade destas datas.

Segundo o historiador tudense, José Ramón Fernández, a matraca tudense deixou de usarse arredor de 1955 cando o Papa Pío XII cambia a liturxia da Semana Santa desaparecendo o chamado "Oficio de Tebras". Asi dende a "Gloria" do Xoves Santo ata o "Gloría" do Sabado Santo non se podían usar as campás para chamar aos fieis aos oficios litúrxicos. A matraca é un instrumento de percusión da familia dos idiófonos (instrumentos que producen o son por percusión do seu propio corpo). Consta dun corpo, dun taboleiro de madeira, ao que se unen varios martelos ou mazas, no caso de Tui 8 taboleiros e 16 martelos, que ao golpear contra os taboleiros producen o son.

Poucos lugares conservan unhas manifestacións da Semana Santa tan singulares como Tui. As escenografías relacionadas con antigos dramas ou autos sacramentais como os que podemos contemplar aínda no Sermón do Encontro, coa soberba imaxinería articulada do Cristo caendo coa cruz ou a Dolorosa de Agustín Querol, ou no Sermón do Desencravo coa súa particular carga escenográfica e a posterior procesión do Santo Enterro, organizada polo Concello, e que reunía e reúne ás xentes da nosa contorna e mesmo das terras de Portugal. Sen esquecer algo tan excepcional como a Horta das Oliveiras, que xa se realizaba en 1818, na Capela da Misericordia e que revela a riqueza desta tradición cultural na nosa cidade. Tradición conservada e promovida pola Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia, presente en Tui dende 1542.

Peza tamén excepcional é o "Monumento" da Catedral, retablo que se montaba anualmente para función litúrxica do Xoves Santo, testemuño das disposicións canónicas da Contrarreforma. Obra do escultor Juan Luís Pereira de Santo Adrián de Cobres realizado no ano 1775, e que na actualidade é unha peza do mobiliario litúrxico única en España.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones