Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

A MATRACA DA CATEDRAL DE TUI VOLVERÁ SOAR ESTA SEMANA SANTA

O Concello de Tui restaurou esta peza en desuso dende 1955

A matraca é un instrumento de percusión composto en Tui por 8 tablóns de madeira con 16 martilletes que ao golpear produce un son que tradicionalmente se usaba o Xoves Santo, Venres Santo e Sábado Santo.

Fecha: 16 de Abril de 2014

Fuente: www.concellotui.org

Esta Semana Santa volverá soar a matraca da Catedral de Tui logo da restauración desta peza do século XVIII acometida polo Concello de Tui ao través do Obradoiro de Emprego "Tui Emprende".

A matraca é un instrumento de percusión composto en Tui por 8 tablóns de madeira con 16 martilletes que ao golpear produce un son que tradicionalmente se usaba o Xoves Santo, Venres Santo e Sábado Santo.

O persoal do Obradoiro de Emprego "Tui Emprende" encargouse nas últimas semanas da restauración da matraca catedralicia, datada no século XVIII, e que estaba en desuso dende 1955. Esta mañá persoal do obradoiro foi o responsable de volver colocar esta peza no campanario da Catedral. Volverá facerse soar esta Semana Semana o Xoves Santo a partir das 17h e tamén ás 18:45h, antes dos oficios do día. O Venres Santo pola tarde, ás 17h, tamén volverá accionarse, coma antano, recuperando así o uso deste elemento singular da Semana Santa tudense.

A matraca usábase tradicionalmente nos pobos durante a Semana Santa para substituír o son e repique das campás que, en sinal de loito, debían permanecer en completo silencio do Xoves Santo ata o Domingo de Resurrección.

O instrumento deixou de estar en uso en torno ao ano 1955 cando o Papa Pío XII cambiou a liturxia de Semana Santa desaparecendo das Catedrais o oficio das Tebras no que se usaba un gran candelabro triangular que sostiña 15 velas que se ían apagando alternativamente de dereita a esquerda ao finalizar cada un dos nove salmos de Maitines e os cinco das Laudes quedando só unha prendida que se retiraba tras o altar durante un tempo. Seguidamente realizábanse rezos que ao finalizar eran interrompidos co estrondo da matraca, a cal, no caso de Tui, era golpeada polos seminaristas.

Así, case 60 anos despois, a Semana Santa tudense caracterizarase de novo polo son percusionista da madeira coa súa matraca do século XVIII que volverá soar dende o alto da Catedral.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí