Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

A MESTRA CLARA TORRES SERÁ A PREGOEIRA DAS FESTAS DE SAN TELMO 2014

Na actualidade colabora semanalmente coa Radio Municipal de Tui

Fecha: 20 de Diciembre de 2013

Fuente: www.concellotui.org

A mestra Clara Torres Martínez foi escollida polo Concello de Tui para pronunciar no ano 2014 o pregón das festas de San Telmo que terá lugar o sábado 20 de abril. Clara Torres posúe unha dilatada experiencia como profesional do mundo do ensino na nosa cidade e colabora con asiduidade en numerosas iniciativas de carácter social e cultural no noso concello.

Clara Eugenia Torres Martínez (Areas, 9 de xullo de 1942), filla do mestre daquela parroquia, José Torres, e de Sofía Martínez. O ambiente familiar propiciou que Clara e os seus irmáns (Ofelia, Maruja e José) se dedicasen todos o mundo do ensino.

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade a Distancia Especialista en Educación Infantil e en Lingua Galega, exerceu como profesora en Tui dende o ano 1980 ata a súa xubilación no ano 2003.

Promotora de seminarios permanentes de Educación e fundadora da Asociación de Innovación Educativa "Ponte Internacional de Tui" (ARPIT). Segue na actualidade colaborando con iniciativa do mundo do ensino con publicacións, cursos, etc.

En recoñecemento ao seu labor o Colexio Rural Agrupado de Tui leva o seu nome "Mestra Clara Torres".

Na actualidade colabora semanalmente coa Radio Municipal de Tui, na súas palabras "o seu maior orgullo na actualidade...".

O Concello de Tui está xa traballando na preparación dos festexos na honra de San Pedro González Telmo que neste ano terán lugar o luns 28 de abril e que posúen unha tradición de varios séculos converténdose nunha referencia imprescindible do calendario festivo do sur de Galicia e Norte de Portugal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí