Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A mocidade conversa co equipo da Axenda Urbana de Tui sobre a súa cidade

Transporte que conecte ás parroquias co centro urbano e coas cidades da área metropolitana, patinetes e bicicletas de aluguer para desprazarse dende a súa cidade a Valença, un cine, participar e facer deporte son as principais demandas do alumnado do IES

Transporte que conecte ás parroquias co centro urbano e coas cidades da área metropolitana, patinetes e bicicletas de aluguer para desprazarse dende a súa cidade a Valença, un cine, participar e facer deporte son as principais demandas do alumnado do IES

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Tui

“Poder movernos sen ter que depender de que as nosas familias nos poidan desprazar no coche”, esta é unha das principais demandas da mocidade dos institutos de ensinanza secundaria de Tui. O equipo da Axenda Urbana reuníuse no día co alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón e co do IES San Paio de Tui. Todos e todas elas coincidiron na necesidade de desprazarse ás súas actividades de xeito independente. Bicicleta, patinete e transporte público son os medios nos que a mocidade estaría disposta a moverse no seu día a día “para practicar deporte, para ir á praia, para ir aos centros de formación da área metropolitana...”

Compartir é outra das palabras que máis se repetiu ao longo das reunións, compartir patinetes, compartir bicicletas e compartir servizos tanto das parroquias como de Valença. O IES San Paio de Tui puña enriba da mesa “unha estación na que intercambiar autobús e trens con Portugal e na que poder coller e deixar patinetes e bicicletas. En definitiva, fluír con liberdade e seguridade.

Ademais, solicitaron máis pistas deportivas e un lugar de encontro polivalente que albergue un espazo diferenciado para a infancia e para a mocidade no que atopar pistas deportivas, zona de estudo pero tamén espazo para a conversa, para quedar cando chove e para xogar en liña.

Metidos en debate tamén analizaron o enfoque turístico da súa cidade e demandaron potenciar as augas termais de Caldelas, o río, as actividades acuáticas e o conxunto histórico do que se senten orgullosos, pero no que non atopan nada que facer.

Pola súa banda, o alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón, ademais de concordar coas demandas anteriores, engadiu a necesidade de coidar dos ríos e frear a invasión das potencias de sinais da rede portuguesa que dificulta a conexión telefónica.

 

Alumnado de ambos centros recoñecen que non existe unha interacción co Espazo Xove e que os horarios de mañá deberían mudarse pola apertura en fin de semana.

A mocidade de Tui achegouse ás dez premisas do obxectivo 11 dos ODS, Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, “Cidades e Comunidades Sostibles” arredor do que traballarán as axendas urbanas dos concellos seleccionados por Europa.

A Axenda Urbana de Tui é un documento estratéxico que marcará o crecemento do concello ao longo dos vindeiros dez anos. Polas súas fortalezas a Unión Europea e o goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, decidiron apostar por Tui converténdoo no único concello da provincia de menos de 20.000 habitantes con financiación para redactar a súa Axenda Urbana.

Co obxectivo de redactar unha estratexia consensuada, parte do equipo redactor reúnese ao longo destes meses coas asociacións e colectivos veciñais, sociais e comerciais de todo o concello así como cos escolares e tamén coa mocidade dos institutos de secundaria.

Tui camiñará cara un desenvolvemento sostible no que a procura dunha mellor calidade de vida para a veciñanza é o obxectivo prioritario e farao cun documento consensuado financiado cos fondos Next Generation e que planificará os vindeiros dez anos en liña con dez Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Dos 8131 concellos que hai en España tan só 121 foron seleccionados para a redacción dunha Axenda Urbana. Polas súas fortalezas e posicionamento estratéxico Tui é unha das cidades seleccionadas por Europa para redactar o seu proxecto piloto e servir de exemplo ao resto das cidades de España e Europa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones