Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A MÚSICA CANALLA DE NOVEDADES CARMINHA ANIMA A NOITE DO SÁBADO NO PLAY-DOC

A xornada estará tamén marcada pola clase maxistral que ofrece o cineasta mexicano Nicolás Pereda e por altas doses de cinema galego

Fecha: 05 de Abril de 2014

Fuente: Play-Doc

Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui volve dar protagonismo á música co concerto que Novedades Carminha ofrece mañá na sala Metropol, ás 00.30 horas. Acompáñanos para quentar motores Sequin e Malandrómeda. As entradas, a 7 euros, poderán adquirirse na propia sala, ou en venda anticipada en entradasgo.com.
 
Sequin supón un descubrimento no contexto español. Esta lisboeta fai un pop electrónico moi persoal, que escapa ás etiquetas. Con ritmos que beben da música tradicional hindú ou o afrobeat, entre outras influencias de carácter cosmopolita, Sequin abrirá o concerto para cederlle despois un espazo a Malandrómeda. Os seus directos son enérxicos e sen medo ao ridículo, sempre dispostos á experimentación. O rap bailable dos galegos é divertido, enxeñoso e sobre todo moi canalla, un espírito que comparten con Novedades Carminha. Irreverentes coma sempre, con esa factura lo-fi que os caracteriza, nun lugar entre a psicodelia e o punk, os composteláns presentan este ano disco, Juventud Infinita. O seu sinxelo, do mesmo nome, está a recoller boas críticas, e o público dálles boa acollida nos concertos que están a ofrecer estes meses. Con este percorrido, o seu novo álbum será, seguro, unha das sensacións musicais do panorama independente do 2014.
 
Clase maxistral de Nicolás Pereda
 
Outro dos protagonistas da xornada será Nicolás Pereda, cineasta mexicano homenaxeado este ano, que ofrecerá á tarde unha clase maxistral para falar do seu método híbrido entre o documental e a ficción. Os espectadores poderán descubrir os títulos Los mejores temas e Perpetuum Mobile, que se suman ás outras sete sesións que este ano lle dedica Play-Doc. Estes son dous dos seus filmes máis representativos e persoais, que tratan temas de índole social na súa natal México DF.
 
Por último, a xornada está cargada dunha boa dose de cinema galego. A contemplativa Costa da Morte, de Lois Patiño, abre unha tarde na que tamén se proxectan Camping Wesertal, A Raia e varios títulos musicais rodados en Galicia. A isto hai que sumar o domingo Pettring, Ecos de lo urbano, Spaces of Time#1 - Vigo e VidaExtra. Todas estas películas confirman a boa saúde do cinema galego, polo que o festival Play-Doc vén apostando nas últimas edicións.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones