Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A N-551 en Areas poderá converterse en tramo urbano o que permitirá a construción de empresas, espazos comerciais e vivendas

O cambio desta delimitación está sometido a información pública tras a súa aprobación provisional

O cambio desta delimitación está sometido a información pública tras a súa aprobación provisional

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Febrero de 2022

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui considera de vital importancia o cambio na delimitación como tramo urbano da N-551 en Areas o que convertera este treito de estrada en zona urbana, e permitirá o crecemento do municipio nesta zona coa construción de empresas, espazos comercias e vivendas ao reducirse de 50 a 25 metros a afección.

Arestora, e por un período de 30 días, está sometida a información pública a resolución do Ministerio de Transporte, Movilidad y Agenda Urbana pola que se aproba provisionalmente o “Estudo de delimitación de tramo urbano e modificación da liña de límite de edificación na N-551 entre os pp.kk. 0+150 a 1+900” en Tui.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indica que é "una noticia importante, porque nos vai permitir viabilizar en todo ese tramo de estrada actuacións de ámbito urbano que doutro xeito non poderiamos levar a cabo". Engade o mandatario que “de aprobarse definitivamente suporá que a afección neste tramo urbano da estrada pasará dos 50 metros actuais a 25, co que se viabilizarán posibles construcións de vivendas, negocios ou superficies comerciais, que até o de agora non era posible executar”.

O rexedor tudense explica que foi o propio concello quen se dirixiu por escrito ao Ministerio solicitando este cambio. Unha modificación que reiterou o propio Enrique Cabaleiro na reunión que o pasado 12 de xaneiro mantivo en Madrid co director General de Carreteras,  Javier Herrero.

O Concello de Tui realizou un estudo para tratar de facer unha nova delimitación considerando ese tramo entre o coñecido coma o cruce do Parador na Avenida de Portugal, e o GADIS, en Areas, como travesía urbana.  Ese documento foi trasladado ao Ministerio que iniciou os pertinentes trámites administrativos.

Este Estudo de Delimitación sométese agora durante 30 días, tras a súa publicación no BOE,  a información pública para que as persoas interesadas poidan presentar alegacións. De non presentarse alegacións considerarase aprobado definitivamente. Tamén enviaron notificación ao propio Concello de Tui e á Xunta de Galicia para que emitan informe. 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, avanza que o seguinte paso a dar, tras conseguir esta delimitación como tramo urbano, será traballar de cara á humanización deste treito de estrada por parte do Ministerio, de forma previa ao traspaso de competencias sobre o mesmo ao Concello de Tui. Así llo trasladou xa o pasado mes de xaneiro ao director General de Carreteras,  Javier Herrero, na reunión que mantiveron en Madrid onde lle confirmaron a “inminente licitación” da humanización do tramo da avenida de Portugal dende a vella Ponte Internacional até a intersección coa N-551.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí