Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A nova APP do Concello de Tui mellora a comunicación coa veciñanza

Entre outras opcións permite notificar incidencias con xeolocalización

Entre outras opcións permite notificar incidencias con xeolocalización

Fecha: 09 de Noviembre de 2019

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui presentou esta mañá a nova APP Municipal coa que cumpre dous obxectivos: achegar unha ferramenta de información da actualidade municipal á veciñanza e ao tempo pór ao seu dispor un mecanismo para, de xeito doado, trasladar suxestións, incidencias... Así o destacaba este mediodía o alcalde, Enrique Cabaleiro, que presentou a nova APP xunto ao concelleiro de Novas Tecnoloxías Laureano Alonso.

A APP Concello de Tui está xa dispoñible, tanto para móbiles IOS como Android, de forma gratuíta.

Tanto o alcalde coma o concelleiro de Novas Tecnoloxías lembraron que o inicio do traballo nesta APP comezou hai xa tres anos, cando se actualizou a web municipal co obxectivo de "pór a Tui no mapa mundial dixital" dicía Enrique Cabaleiro.

Laureano Alonso, concelleiro de Novas Tecnoloxías destacou o apartado de incidencias que presenta a APP, na que calquera persoa pode comunicar directamente ao concello unha incidencia, clasificadas en Mobiliario Urbano, Tráfico e Sinaléctica, Lixo e Residuos, Pavimentos e Sumidoiros, Animais e Pragas, e Limpeza e Xardinería. A mesma pode ser xeolocalizada dende o propio móbil e permite ao tempo enviar unha fotografía. Neste apartado se recollerán tamén as incidencias resoltas.

A través da aplicación móbil poden consultarse as últimas noticias publicadas na web tui.gal ou os próximos eventos que figuran na Axenda. Amais no apartado de Avisos se recollen os avisos de diversa índole. Un directorio da acceso aos números de contacto de servicios de interese tanto do propio Concello, como en Educación, Seguridade, Sanidade, Turismo... Mentres no apartado de Mapa se atopan xeolocalizados diversos servizos que hai na cidade.

En Ocio recóllense suxestións dos lugares de interese a visitar, así coma información dos establecementos hostaleiros e de restauración que hai na cidade, xunto ás festas no municipio.

A APP permite amais enviar Notificacións Push sobre avisos ou eventos. Outros apartados accesibles na APP son a predición do tempo, enlaces a citas previas en distintos organismos, ou un lector de códigos QR co que poden ler por exemplo os códigos que figuran la sinalización da cidade histórica ou dos folletos turísticos.

A realización dunha chamada de emerxencia, enviando as coordenadas de situación nunha mensaxe son outras das posibilidades que recolle a aplicación móbil.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones