Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A nova oficina de turismo de Tui abre as portas a unha inédita marca turística

O Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, acompañado pola Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; e os socios do proxecto Interreg Río Miño Navegable, serán os encargados de inaugurar a Of

O Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, acompañado pola Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; e os socios do proxecto Interreg Río Miño Navegable, serán os encargados de inaugurar a Of

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Enero de 2022

Fuente: Concello de Tui

O sector turístico é un eixo estratéxico para Tui e, en especial, unha oportunidade para
fortalecer o desenvolvemento sostible da zona, servindo de motor para a súa economía
urbana. Dende o propio Concello, Salvaterra, Monçao, Valença, Turismo de Galicia,
Turismo Norte de Portugal e Patrimonio Natural levan anos traballando para poder
actualizar e acadar unha oferta de calidade que contemple absolutamente todo o que a
localidade e a súa contorna ten para atraer aos visitantes.
Unha nova oficina para mellorar a experiencia dos turistas
Nesta liña, o concello transformou con cargo a fondos europeos do proxecto Interreg
Río Miño Navegable (Programa de Cooperación Transfronteirizo Interreg V A 2014-
2020), o inmoble de propiedade municipal que nos últimos anos albergara o Xulgado
de Primeira Instancia e Instrución nº3 de Tui, para reconvertelo nunha oficina de turismo
máis accesible, céntrica e ampla que se inaugurará o vindeiro mércores, 2 de febreiro.
O acto de presentación dará comezo ás 12.00 horas, e correrá a cargo do Alcalde de
Tui, Enrique Cabaleiro González, que estará acompañado pola Directora de Turismo
de Galicia, Nava Castro Domínguez; a presidenta da Deputación de Pontevedra,
Carmela Silva Rego; e os socios do proxecto Río Miño Navegable.
O acto continuará ás 12.30 horas cun percorrido guiado polo casco antigo da localidade
para rematar, ás 13.00 horas, no Convento de Santo Domingo de Tui, onde os asistentes
poderán degustar un aperitivo.

Un proxecto máis ambicioso: ‘Río Miño, un destino navegable’
A mudanza de localización e a renovación da Oficina de Turismo non é un simple cambio
illado, senón que responde a un obxectivo moito máis ambicioso no que o fin é mellorar
a experiencia global de acollida aos visitantes, así como abrir unha nova e atraínte
vía de acceso ao turismo da man do proxecto ‘Río Miño, un destino navegable’. A
nova marca turística transfronteiriza que mira con esperanza ao Miño, presentada xa en
FITUR, desenvolverase polo miúdo durante o acto de inauguración da oficina.
O río Miño ten un valor natural incalculable, sen embargo, polo de agora o turismo
vivira de costas ás particularidades e ás posibilidades que ofrecía no seu tramo final,
precisamente onde serve de fronteira a Galicia e o norte de Portugal. Conscientes de
que non é o mesmo ver o seu discorrer desde a beira que nunha travesía, o concello
de Tui, da man dos municipios de Salvaterra do Miño, Valença e Monção somérxense
no proxecto e na consolidación da marca Visit Río Miño. O seu fin é o de crear unha
ruta fluvial mellorando a navegabilidade do río, para así favorecer a conectividade
da Eurorrexión, a interrelación entre estas dúas eurocidades (Tui-Valença e Monção-
Salvaterra), ao tempo que ofrecen produtos turísticos cada vez máis atractivos para os
visitantes. Para acadalo, contouse cun presuposto de máis de 1 millón de euros dos que
Europa, a través de fondos Interreg, aporta o 75%.
Durante o acto de inauguración daranse a coñecer as diferentes accións que confluirán
na creación de distintas rutas turísticas, así como o que suporá esta nova marca turística
para a localidade tudense.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones