Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A obra de teatro -As que limpan- chega ata A Guarda da man do programa Tornar as Táboas da Deputación

As entradas poderán retirarse a partir deste xoves día 17 de novembro ás 9:00h de xeito online ou presencialmente na recepción do Concello.

As entradas poderán retirarse a partir deste xoves día 17 de novembro ás 9:00h de xeito online ou presencialmente na recepción do Concello.

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Noviembre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O vindeiro xoves día 24 de novembro chegará ata A Guarda a que é sen dúbida a obra da temporada: “AS QUE LIMPAN”, última proposta da Compañía A Panadaría. Esta función aborda a loita das camareiras de piso dos hoteis por conseguiren uns dereitos laborais e sociais xustos, nun mundo, o das cadeas hoteleiras e o do turismo que se impón no século XXI como modelo do desenvolvemento económico. A obra por tanto fai repensarse as relacións laborais, o reparto da riqueza e o funcionamento dun sistema avaricioso e inxusto. Así mesmo fai repensar non só a loita de clase senón tamén a loita de xénero nunha sociedade na que a muller segue asumindo o rol dos coidados, tan importante e tan menosprezado e tan silenciado. É por isto que a obra se representará o xoves 24 de novembro, na véspera do Día Internacional contra violencia machista, para evidenciar unha nova forma de discriminación sobre a muller.

A produción que contou coa colaboración do Centro Dramático Nacional está a ser todo un éxito, percorrendo non só a xeografía galega senón tamén a española. E é que a compañía composta por Areta, Ailén e Noelia conseguiu erixirse en todo un referente polo seu particular modo de facer teatro, mesturando o humor e a reivindicación dun xeito moi persoal e característico.

Na Guarda son vellas coñecidas pois xa estiveron coa súa primeira representación PAN! PAN! E posteriormente con ELISA E MARCELA. Desta volta acuden ata a Guarda grazas ao ciclo de teatro da Deputación de Pontevedra “Tornar as Táboas”. Para acudir á representación é preciso retirar as entradas previamente dende o día 17 de novembro ás 9:00h. Poderán retirarse de forma presencial na recepción do Concello en horario de 9 a 14h. Ou vía online a través do enlace: https://www.eventbrite.es/o/concello-da-guarda-35370803503

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí