Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Oficina da Rehabilitación de Tui informa das axudas do Bono de Alugueiro Social 2018

Foron convocadas pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta

Foron convocadas pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta

Fecha: 06 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de Tui

A Oficina de Rehabilitación do Concello de Tui informa sobre as axudas do programa Bono de Alugueiro Social da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia que veñen de ser publicadas no DOGA. Estas axudas van destinadas a atender, con carácter urxente, ás persoas que sufriron desafiuzamento, vítimas da violencia machista, beneficiarios do Programa Aluga que se lles rematara esta axuda, ou aqueles que incorren en circunstancias de emerxencia social.

Os interesados poden achegarse os martes e xoves, de 9 a 14h, a esta oficina na casa do concello onde se lles informará das condicións, requisitos e documentación necesaria para solicitar estas axudas.

En concreto estas axudas consisten na subvención de 12 bonos mensuais consecutivos, susceptible de dúas prórrogas sucesivas, de 12 meses cada unha, ata acadar un máximo de tres anos. No concello de Tui o importe mensual da axuda será de 175€.

Os ingresos da unidade de convivencia da persoa solicitante non poderán superar uns límites máximos de ingresos, que se estipulan, por exemplo, en 1044,39 € para 2 membros ou 1342,78 € para 4 membros da unidade de convivencia.

Outra das condicións que será necesario cumprir é o límite da renda mensual máxima do contrato de alugamento, que no caso de Tui será de 350€.

O prazo para solicitar as axudas está aberto ata o 20 de novembro de 2018 ou ata esgotamento de crédito.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones