Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A oficina de ADIF da Estación de tren de Guillarei en Tui permanecerá aberta e co servizo de venda de billetes como ata agora

Vázquez Mourelle indica que Adif lle ratificou que non se eliminou nin se vai eliminar o servizo de venda de billetes que realiza nas estacións de Guillarei, en Tui

Vázquez Mourelle indica que Adif lle ratificou que non se eliminou nin se vai eliminar o servizo de venda de billetes que realiza nas estacións de Guillarei, en Tui

Fecha: 09 de Marzo de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, reiterou hoxe no Parlamento de Galicia a confirmación de Adif de que que todas as estacións de ferrocarril da comunidade permanecerán abertas e mantendo os servizos de venda de billetes como viña prestando ata o de agora.






Vázquez Mourelle indicou que o pasado xoves o presidente de Adif ratificoulle que non se eliminou nin se vai eliminar o servizo de venda de billetes que realiza nas estacións ferroviarias de Guillarei, en Tui, Sarria, A Rúa, Petín, O Barco de Valdeorras, O Carballiño e Ribadavia. Tamén lle comunicou esta determinación aos respectivos municipios afectados.

Neste documento, Adif clarificaba que o persoal de circulación da compañía continuará realizando as funcións comerciais nestas terminais. Ademais, facíase fincapé en que non se deixaron de ofrecer os servizos en ningún momento nin nunca se plantexou o peche destas estacións.

Adif explicou no citado escrito que o desconcerto xerado semanas atrás sobre o servizo de venda de billetes puido ser debido aos procesos que se están a impulsar para mellorar o funcionamento das liñas ferroviarias ao obxecto de acadar un transporte seguro, eficiente e sostible. Reiterou que este proceso de modernización, que poderá supoñer, no futuro, a instalación de máquinas de autovenda, non implicará en modo algún unha perda dos servizos que os veciños veñen recibindo.

A titular de Infraestruturas salientou que o Goberno galego se mantivo vixiante e en contacto permanente con Adif e Renfe, demandándolles que se garantise a calidade do servizo ferroviario aos usuarios, ao tempo que se velase polo dereitos dos traballadores e o mantemento do emprego.

Vázquez Mourelle fixo fincapé en que a Xunta está a apostar de forma decidida polo rural de Galicia e por dotar de servizos e de novas oportunidades as comarcas interiores. É por isto que o Executivo autonómico mantivo unha actitude moi activa ante o Goberno do Estado para que a mobilidade dos veciños destes municipios e comarcas galegas estivesen plenamente garantidos.

A conselleira destacou que o Goberno galego actuou con dilixencia, dando traslado a ADIF, a Renfe e ao propio ministro de Fomento da alarma social que estaba a producir a reorganización do persoal nas estacións ferroviarias da comunidade. Ademais, precisou que tamén se actuou con firmeza, esixindo solucións satisfactorias para garantir que a prestación do servizo de venda de billetes se fixese, sempre, atendendo ás peculiaridades da poboación destes municipios e comarcas do rural de Galicia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones