Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Oficina de Turismo de Tui atendeu na fin de semana peregrinos e peregrinas de 24 nacionalidades

Das 167 persoas que realizaban o Camiño e solicitaron información 132 eran internacionais e 35 nacionais

Das 167 persoas que realizaban o Camiño e solicitaron información 132 eran internacionais e 35 nacionais

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Septiembre de 2023

Fuente: Concello de Tui

 O dinamismo e internacionalización que está a vivir o Camiño Portugués de Santiago ao seu paso por Tui queda reflectido nos datos rexistrados esta fin de semana pola Oficina Municipal de Turismo tudense.  Dende o venres até o domingo 167 peregrinos e peregrinas se achegaron até este punto de información turística. O 80% eran persoas estranxeiras de até 24 nacionalidades.  Estes datos son unha mostra do importante número de persoas que estes días transitan por Tui camiño de Compostela e cuxa presenza é habitual e numerosa nas rúas da cidade e tamén nos distintos establecementos de hostalería e restauración. Os datos rexistrados superan as expectativas existentes e dan conta do extraordinario nivel de afluencia que o Camiño Portugués está a vivir.

Así o persoal da Oficina Municipal de Turismo atendeu na fin de semana a 132 peregrinos e peregrinas internacionais e a 35 nacionais.

Houbo así 45 consultas de persoas de EEUU que están a realizar o Camiño Portugués, 17 de Alemaña, 7 do Reino Unido, e 6 de Arxentina pero tamén doutros países coma Bélxica (5), Brasil (5), Canadá (4), Italia (4), Porto Rico (4), Portugal (4), República Checa (4), Croacia (3), Irlanda (3), Países Baixos (3), Polonia (3), Xapón (3),  Austria (2), Ecuador (2), Singapur (2), Suíza (2), Perú (1), Taiwan (2),e Turquía (1).

Mentres os 35 españois que estaban a realizar o Camiño e se achegaron até a Oficina Municipal de Turismo procedían de Barcelona (5), Granada (5), Madrid (5), Baleares (4), Huesca (4), Alacante (2), Burgos (2), Las Palmas (2), Tenerife (2).

A concelleira de Turismo, Ana Nuñez Álvarez, destaca que estes extraordinarios datos expresan o dinamismo dos Camiños Portugueses, tanto o chamado Camiño Central como o da Costa, que conflúen nos seus trazados oficiais en Valença e Tui.  Engade que hai que ter en conta que os datos da Oficina Municipal de Turismo son indicativos desta dinámica, xa que só unha pequena parte dos peregrinos e peregrinas que pasan por Tui se achegan ata este punto de información turística.  Ana Núñez sinala que “o Camiño Portugués conforma na actualidade un dos principais elementos dinamizadores do sector turístico tudense”. Reclama a edil por parte de todos os axentes implicados “un compromiso pola calidade e mesmo a excelencia na súa atención para manter esta dinámica de crecemento na que nos atopamos”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí