Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A OFICINA DE TURISMO DE TUI REXISTRA PRETO DE 15.000 VISITANTES NO 2015

A oficina de turismo de Tui recibiu, no que vai de ano, 2.000 visitantes máis que durante todo o 2014

A Deputación de Pontevedra ten contratados diplomados ou graduados en turismo así como técnicos superiores en información turística nun total de 15 oficinas de turismo, una delas é a de Tui.

Fecha: 17 de Agosto de 2015

Fuente: depo.es

A oficina de turismo do Concello de Tui , na que traballa unha diplomada en turismo contratada a través do Plan de Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra, recibiu durante o ano 2015 xa preto de 2.000 persoas máis que durante todo o ano 2014. En total, preto de 15.000 turistas pasaron pola oficina de turismo de Tui.

O 51,4% das persoas que visitan a cidade de Tui son homes fronte ó 48,6% de mulleres, fundamentalmente con idades comprendidas entre os 35 e 60 anos (44%) e procedentes do territorio nacional (52%). Neste caso cómpre salientar que a diferenza deste ano, no que o turista é maioritariamente nacional (sen contabilizar ós galegos), a procedencia dos turistas que visitaron Tui durante o ano 2014 foi Galicia.

O 94,27% dos turistas non coñecía Tui, alóxanse en hoteis (36,5%) e chegan á cidade en coche (54,43%) e a pe (28%) .

En canto ás cuestións que motivan a visita á cidade de Tui atópanse a riqueza cultural (49,56%), aspectos relacionados co Camiño de Santiago e a natureza.

Permanecen na nosa provincia 7 días (22,06%) e alóxanse, principalmente, en Sanxenxo (20,26%), Pontevedra (16,95%), Santiago de Compostela (9,71%), O Grove (6,3%), Poio (5,83%), Vigo (5,83%), A Coruña (3,77%), Cambados (3,59%), Vilanova de Arousa (3,37%) e Baiona (1,97%).

Pola súa parte, 65.000 mostraron o seu interese nas Rías Baixas visitando a páxina web www.turismoriasbaixas.com. Os 10 países que máis accederon a web foron, por orde de maior e menor número de visitas, España, Portugal, Francia, Alemania, Arxentina, Estados Unidos, Reino Unido, México, Italia e Brasil. Dentro do noso país, as comunidades autónomas que maior interese manifestaron nas Rías Baixas foron Galicia, Madrid, Cataluña, Andalucía, País Vasco, Castela e León, Valencia, Asturias, Castela a Mancha e Aragón.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones