Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Oficina de Urbanismo de Paramos funciona con total normalidade

Así o informou esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto á concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez

Así o informou esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto á concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez

Fecha: 06 de Agosto de 2019

Fuente: Concello de Tui

A Oficina de Urbanismo que está a xestionar os expedientes relacionados coa catástrofe de Paramos funciona con total normalidade. Ten concedido 12 licenzas de obras maior e 96 comunicacións previas. Así o informou esta mañá o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto á concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez.

Nesta oficina, situada no Centro Municipal de Formación en Guillarei, traballan arestora dous técnicos da Deputación, un xurídico, un arquitecto e un auxiliar administrativo. Un persoal que máis aló de informar á solicitude de licenzas de obra maior e as comunicacións previas tamén tramitan a totalidade de reclamacións de ICIO e do IBI aos afectados.

Enrique Cabaleiro, en comparecencia ante os medios de comunicación, quixo deixar claro que o traballo que se está a realizar nesta oficina está a ser excepcional e non hai ningún obstáculo. Do mesmo xeito sinalou que tanto el coma a concelleira de Urbanismo está a dispor dos afectados e dos seus representantes legais, para recibilos e aclararlles calquera dúbida. Tamén destacou o "excepcional labor dos técnicos que tiveron que lidiar con situacións complexas". Ao tempo Enrique Cabaleiro agradeceu e puxo en valor a aportación das distintas administracións que estiveron ao lado dos afectados para paliar os efectos da traxedia.

Previamente á súa comparecencia ante os medios o alcalde, a concelleira de Urbanismo e técnicos municipais, mantiñan unha reunión cos voceiros do grupos políticos presentes na corporación municipal para informalos da "situación exacta e fidedigna" dos expedientes de Paramos.

Enrique Cabaleiro saíu así ao paso tanto da información aparecida nun medio de comunicación coma nunha nota de prensa enviada polo grupo municipal do Partido Popular sobre a tramitación urbanística. Indicou que esas informacións xeraron unha importante alarma social, e moitos afectados pasaron pola Oficina en Guillarei amosando a súa preocupación. Nese senso apuntou que "tanto este goberno, como o anterior, estamos facendo, e fixo, un esforzo importante para que este tema se solucione do xeito máis rápido".

Aclarou tamén que a concesión de licenzas ten que outorgarse con todas as garantías legais, punto no que incidía tamén a concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, apuntado que estas vivendas teñen que ter seguridade xurídica e unha garantía para toda a vida.

Na rolda de prensa deron datos concretos da tramitación de expedientes, que insistía reflicten que se está a traballar con normalidade . Así das 105 comunicacións previas presentadas hai 9 pendentes de resolver, das que a 5 lles faltan autorizacións sectoriais. Mentres das 24 solicitudes de licenzas de obra maior hai 12 concedidas, 6 pendentes de informar, 5 pendentes de presentar a documentación que se lle requiriu. Tamén informou que se está a realizar unha modificación de erros na ordenanza municipal de axudas, que agardan levar a pleno para a súa aprobación no mes de setembro.

Tamén está en tramitación o Plan Deporemse para a reposición dos servizos na zona cero, no que se realizou unha modificación pendente de ser informada estes días. Solicitáronse xa dende o concello as autorizacións sectorais e o próximo paso será a licitación dos traballo. Confían, segundo o explicado pola concelleira de Urbanismo, que estas obras poidan estar completadas a finais de ano ou comezos do próximo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí