Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A oposición tudense pide dimisións ante o estado da Aula Uned do municipio

Desexan por en coñecemento da cidadanía a súa postura conxunta en relación ás numerosas queixas recollidas polos diferentes medios de comunicación sobre a situación da Aula da UNED de Tui

Desexan por en coñecemento da cidadanía a súa postura conxunta en relación ás numerosas queixas recollidas polos diferentes medios de comunicación sobre a situación da Aula da UNED de Tui

Fecha: 16 de Abril de 2018

Fuente: Comunicado público

Os diferentes grupos que compoñen a actual oposición municipal no Concello de Tui - PSdG-PSOE, BNG, Acción Tudense e Son de Tui- desexan por en coñecemento da cidadanía a súa postura conxunta en relación ás numerosas queixas recollidas polos diferentes medios de comunicación sobre a situación da Aula da UNED de Tui

 

 

 

1.  O concello  acordou en Pleno do 27 de Febreiro de 2007 por unanimidade          solicitar á Xunta Rectora do Patronato do Centro Asociado da UNED en Pontevedra a creación dunha Aula na nosa localidade.

  1. O 13 de febreiro do 2010 firmouse o Convenio entre o Concello de Tui e a Xunta Rectora do Patronato da UNED, en virtude do cal  acordouse crear unha aula dependente do Centro Asociado da UNED en Pontevedra
  2. Dende a súa implantación a Aula Universitaria de Tui participa activamente nas actividades do Centro Asociado e ten unha gran aceptación, especialmente  entre os veciños de todo o Baixo Miño, como acredita o feito de que se imparta o grado de Psicoloxía dende 2012 e que ata o ano 2017 os cursos de extensión universitaria tiveran 2460 alumnos.
  3. Nos dous últimos meses trascenderon á opinión pública as queixas de alumnos da Aula pola situación de abandono das instalacións e o conflito entre os xestores da Aula da UNED e o Concello de Tui ó non asumir o concello o custo de persoal necesario para a súa atención. Chegáronse incluso a  anunciar por parte do alcalde Carlos Vázquez Padín , solucións ineficaces coma o desdobramento da sede física da Aula ó edificio da Área Panorámica (Aula CEMIT)
  4. O Punto Segundo do Convenio especifica que o Concello de Tui garante á UNED unha ubicación da Aula con carácter gratuito e locais acondicionados para a súa finalidade. O Punto Sétimo do Convenio establece que  o concello farase cargo da totalidade dos gastos que orixine a apertura da Aula, así como os derivados do seu mantemento"
  5. Debido ás numerosas queixas expresadas polos alumnos do centro e persoal docente referentes á ausencia de persoal que abra as aulas, realice as conexións de videoconferencias e informe sobre os trámites de matrícula e cursos ofertados, chegando incluso a incumprirse os horarios de apertura e peche ata o extremo de non abrir en días puntuais, resentíronse o número de matriculados e cursos ofertados
  6. Ditas queixas , por certo, trataron de ser acaladas por responsables municipais con velados e intolerables intentos de intimidar ós seus autores, razón pola cal esiximos a DIMISIÓN / DESTITUCIÓN da concelleira responsable de Educación
  7. Os grupos integrantes da oposición entendemos que a Aula da UNED é un servicio educativo estratéxico para a nosa cidade e para todo o Baixo Miño, pois permite ó acceso á formación universitaria a aqueles veciños que non poden desprazarse a outros centros universitarios por motivos laborais ou de residencia e aparte dos numerosos beneficios sociais e culturais para os nosos veciños aporta un inestimable valor engadido á cidade ó lograr que moitos veciños de concellos limítrofes se acheguen para participar nos seus cursos, moitos dos cales se emiten en videoconferencia para alumnos do resto de España e do estranxeiro
  8. Por todo elo, esiximos ó alcalde ó máximo compromiso coa Aula da UNED de Tui , dotando á mesma do persoal necesario para garantir a súa apertura e un mantemento digno   das súas instalacións, e, se fora preciso, a suscripción dun novo Convenio coa Xunta Rectora do Patronato do Centro Asociado da UNED, que aclare as responsabilidades e obrigas de ambas partes e que permita converter a Aula nun referente educativo para a nosa cidade e todo o Baixo Miño
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones