Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A PARTIR DO MES DE NOVEMBRO O CONCELLO DE TUI PORÁ EN MARCHA UN PROGRAMA DE XESTIÓN DE REXISTRO DE EXPEDIENTES DO DEPARTAMENTO DE URBANISMO

Tui será concello piloto, xunto con outros municipios, na xestión deste programa dependente da Deputación de Pontevedra

Isto supón un avance moi importante na transparencia e na axilidade na xestión, pois cada informe que se emita deixará o seu rastro, e poderase saber se está ou non en prazo

Fecha: 07 de Octubre de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O Concello de Tui porá en marcha, a partir do mes próximo, un programa de xestión para o rexistro de expedientes no departamento de Urbanismo. Cividas, que así se chama o programa facilitado pola Deputación de Pontevedra, implantarase de forma novidosa en Tui e noutros catro concellos da provincia.

Desta forma os cidadáns poderán comprobar, dende a súa propia casa, se o seu expediente xa foi tramitado ou se se lle require documentación complementaria e coñecer en todo momento a situación do mesmo. Isto supón un avance moi importante na transparencia e na axilidade na xestión, pois cada informe que se emita deixará o seu rastro, e poderase saber se está ou non en prazo.

O programa "Cividas" permite o almacenamento e centralización de documentos, con xestión automática de versións e acceso multicanle. Os expedientes non se almacenan fisicamente, senón na "nube". Tamén posibilita a recepción telemática de notificacións ó cidadán e xeración automática e descarga de documentos oficiais coa sinatura dixital da Administración, ademais da sinatura electrónica recoñecida, que permite identificar ó asinante e aportar a mesma validez xurídica que se se asinara fisicamente.

Coa implantación deste novo modelo de xestión, o Concello de Tui pretende ordenar e axilizar un departamento de grande importancia para o funcionamento da administración local e de sumo interese para os cidadáns. Neste senso, dende o Concello informan tamén que o horario de atención ó público do departamento será os martes de 11.30h a 14.00h e os xoves de 9h a 11.30h.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones