Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A penúltima depo andaina do ano chega a Tui e tamén coas prazas esgotadas

300 persoas da provincia participarán nesta actividade de balde que organiza a Deputación de Pontevedra e que nesta ocasión fará unha ruta do camiño portugués

300 persoas da provincia participarán nesta actividade de balde que organiza a Deputación de Pontevedra e que nesta ocasión fará unha ruta do camiño portugués

Fecha: 23 de Septiembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

Este próximo domingo 24 de setembro Tui será o escenario da penúltima "Depo Andaina" do ano, encaixada nun programa da Deputación de Pontevedra que está a obter un rotundo éxito dende a súa creación no ano 2016.

Se na anterior actividade, que tivo as Illas Cíes e Vilaboa como eixo da andaina, acabáronse as prazas en menos de 24 horas, para esta nova ruta as 300 prazas ofertadas tan só tardaron uns días en esgotarse.

A penúltima "Depo Andaina" do ano comezará ás 09.30h na ponte internacional sobre o río Miño e dende aquí proporase unha ruta polo transitado Camiño Portugués cara a Santiago de Compostela, ofrecendo dende o inicio unhas espectaculares vistas sobre a vila de Tui e sobre a Fortaleza de Valença do Minho. En total, a ruta, que tratarase dun percorrido circular con final no punto de encontro, será de 16 quilómetros.

A andaina continuará polo sendeiro que vai pola ribeira do Miño cara á parroquia de San Bartolomeu de Rebordáns, chegando á igrexa da Virxe do Camiño, onde os participantes poderán descansar e coller forzas para cruzar a Ponte de A Veiga e para ir ata a Ponte das Febres, sobre o arroio San Simón. De regreso, o trazado será xa máis urbano, visitando a Catedral de Tui e andando cara o Parador de Turismo de San Telmo.

Amais, durante actividade, que ten unha duración estimada de catro horas, impartirase un breve obradoiro de identificación de rastros de animais e outro de orientación natural. Tamén, durante o último quilómetro da andaina as persoas participantes utilizarán signos naturais coma o sol e métodos coma o do reloxo para orientarse e atopar diferentes balizas con rastros de animais, coma pegadas, excrementos, marcado territorial en flora e fungos...


Tras esta actividade, a Deputación de Pontevedra desenvolverá en outubro a última andaina, que terá lugar en Soutomaior o día 15. Para esta última andaina o prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns 2 de outubro.

O programa "Depo Andainas", que vive este ano a súa segunda edición, ten por obxectivo impulsar hábitos saudables, promover o turismo deportivo e de territorio, as actividades ao aire libre e poñer en valor a riqueza medioambiental, etnográfica, cultural e patrimonial da provincia de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones