Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Plataforma de Emigrantes Retornad@s do Baixo Miño convoca unha concentración este xoves en Tui

Ao remate da concentración, prevista para ás 12:00, a plataforma terá unha asemblea informativa aberta na Sala Xacobeo da Área Panorámica de Tui.

Ao remate da concentración, prevista para ás 12:00, a plataforma terá unha asemblea informativa aberta na Sala Xacobeo da Área Panorámica de Tui.

Fecha: 10 de Octubre de 2019

Fuente: Emigrantes Retornados

Os e as emigrantes retornadas vimos reclamando insistentemente a necesidade de realizar as modificación legais necesarias na lei 35/2006 pola que se regula o imposto sobre a renda das persoas físicas coa finalidade de que se establezan normas claras, precisas e sobre todo xustas e igualitarias para a tributación das pensións percibidas no estranxeiro.

A única modificación que se introduciu foi a través da disposición adicional da Lei 26/2014 na que nun recoñecemento implícito de que a Axencia Tributaria estaba realizando unha interpretación abusiva das disposicións legais se establece o que chama "período de regularización" que na práctica implica a devolución das inxustas sancións, recargas e xuros que se lles impuxeron nos últimos exercicios e o establecemento dun período
voluntario de tributación para os e as que aínda non teñan realizado a declaración

Porén esta disposición segue sen supor unha regulación clara e xusta da
tributación para os e as emigrantes retornadas. Non ten en conta o contido dos distintos tratados bilaterais e tampouco establece mecanismos para o tratamento xusto das pensións de invalidez, entre outras consideracións.

Somos moitos miles as persoas que estamos sendo sometidas a este sufrimento por parte da facenda pública española. Un sufrimento inxusto de persoas que o único que queremos é vivir tranquilas a nosa vellez logo de ter traballado toda a vida na emigración.


Así pois, fart@s de mobilizarnos, de andar por prazas e rúas para que nos recoñezan os nosos dereitos. Fart@s pero non cans@s, novamentente realizaremos, o vindeiro xoves dia 10 de outubro , unha concentración na praza da Inmaculada en Tui, a partir das 11 horas, para esixir, unha vez máis, que se adopten as seguintes medidas:

1. A modificar á maior brevidade posíbel a Lei 35/2006, garantíndolles unhatributación xusta e igualitaria ás pensións percibidas no estranxeiro e idéntica a do resto dos e das pensionistas, evitando a discriminación que supón o feito de ter dous pagadores e evitando os prexuízos da dupla imposición.
Establecendo un sistema claro e sinxelo e garantindo non se aplique con carácter retroactivo.

2. En tanto non se produza esa modificación legal, a paralizar de xeito total e inmediato a aplicación aos e ás emigrantes retornadas das disposicións contidas na Lei 35/2006, eximíndoos da tributación en tanto non se modifique dita lei no sentido exposto no punto anterior, para frear e reconducir a grave situación económica e moral a que están sometid@s inxustamente polo fisco, máis de 250.000 traballadores galeg@s, emigrantes retornado@s, xubilados e pensionistas".

3. A axilizar a devolución de oficio de todos os cobros indebidos realizados até este momento a todos e todas as emigrantes retornados e singularmente a todas aquelas persoas que percibiron pensións procedentes de Alemaña, que con anterioridade ao ano 2013 estaban exentas de tributación no Estado español segundo o artigo 19 do convenio hispano-alemán tal como acreditan numerosas sentenzas xudiciais.

4. O mesmo en relación coas persoas que acrediten ter un declaración de incapacidade equiparábel á absoluta ou gran invalidez, exentas segundo o disposto no artigo 7 da Lei 35/2006, establecendo para tal acreditación un métodoáxil e eficaz. Que se resolvan, de inmediato, as centos de peticións presentadas nas oficinas da Axencia Tributaria en Galiza por emigrantes retornad@s nas que solicitan que se proceda a reclamar do Instituto Nacional da Seguridade Social a realización do correspondente informe pericial sobre a correspondencia en grado da incapacidade laboral recoñecida ao interesado no país no que estivo emigrado.

Ao remate da concentración, prevista para ás 12:00, a plataforma terá unha asemblea informativa aberta na Sala Xacobeo da Área Panorámica de Tui.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones