Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A portavoz parlamentar de industria, Noa Presas,estará en Tui para explicarnos a nova estafa da electricidade

O BNG organiza unha charla sobre a suba da luz e tarifa eléctrica na sala Xacobeo da Área Panorámica

O BNG organiza unha charla sobre a suba da luz e tarifa eléctrica na sala Xacobeo da Área Panorámica

Fecha: 13 de Noviembre de 2018

Fuente: BNG Tui

O Bloque Nacionalista Galego de Tui organiza este mércores ás 20:30 horas unha charla sobre a nova suba da luz e a tarifa eléctrica na sala Xacobeo da Área Panorámica. A cuestión enerxética é un dos eixos da actuación política da organización nacionalista e por iso está a desenvolver actos por todo o país para explicar os beneficios que tería para a poboación e para as empresas galegas a implementación dunha tarifa eléctrica propia coa que loitar contra un fenómeno preocupante como é o da pobreza enerxética e tamén contra a perda de competitividade polos altos custos da factura eléctrica.

Presentada pola portavoz municipal, Carme Núñez, no acto intervirá a deputada no Parlamento galego e portavoz de Industria, Noa Presas.

A celebración desta charla coincide cunha serie de novas prexudiciais para os intereses das galegas e galegos; en primeiro lugar, a suba na factura eléctrica xa anunciada polo Goberno e, en segundo termo, o grave conflito que está a vivir o plantel de traballadoras e traballadores de Alcoa.

O BNG leva anos propondo mudanzas no sector enerxético . Hai dúas semanas , o grupo parlamentar presentou unha Proposición de lei destinada ao abaratamento do recibo da luz para persoas usuarias e empresas e a consolidar o emprego. Nela lémbrase que a factura da luz é "unha estafa colectiva" malia vivirmos nun país que produce moita electricidade, máis da que consumimos. Os últimos datos elevan ao 33% a cantidade de electricidade xerada que se transporta cara a outras zonas do Estado, nomeadamente Madrid. A proposta do BNG contempla a rebaixa do complemento do IVE do 25% ao 4%.

A Proposición de Lei do BNG nace con tres obxectivos: "abaratar o recibo da luz porque dous terzos da factura dependen de decisións políticas dos parlamentos e gobernos, un novo marco na produción eléctrica que compense a Galiza polos custes sociais e ambientais na produción enerxética, e unha tarifa industrial para as empresas electrointensivas para garantir emprego".

A organización nacionalista propón "unha tarifa eléctrica galega coa rebaixa das peaxes como compensación polos custes sociais e ambientais de ser un país produtor de enerxía". Ademáis, segundo manifestou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, Euskadi posúe unha tarifa eléctrica que permite ás empresas alí radicadas aforrar 120 millóns de euros e, polo tanto, seren máis competitivas".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones