Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Praza do Reló da Guarda volta a vibrar ao son do -Mar de Blues-

O venres 1 e sábado 2 de xullo A Guarda ten unha cita coa mellor música Blues internacional

O venres 1 e sábado 2 de xullo A Guarda ten unha cita coa mellor música Blues internacional

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Julio de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda prepárase xa para acoller unha fin de semana intensa e chea de actividades entre as que destacan a XXX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira e a II edición de "A Guarda Mar de Blues". 

"A Guarda Mar de Blues" chega este ano á Praza do Reló con importantes artistas internacionais e nacionais coma Will Jacobs, Remi Bankyln, Julian Vaughn, Javier Vacas, Marcos Coll ou Javier Turnes.

Rafa Álvarez, Concelleiro de Turismo, quixo por de manifesto o compromiso municipal coa realización de actividades que impliquen tamén a colectivos ou asociacións coma é o caso da Asociación River Bucks Cultural,  cunha ampla experiencia na organización de eventos. Deste xeito se xeran sinerxias que traen como resultado un festival en pequeno formato, pero cunha excelente calidade musical e artística, que continúa a por no mapa a vila da Guarda no mundo do Blues.

A iniciativa musical, que xurde no ano pasado da man da Asociación River Bucks Cultural, trae á Guarda nesta edición 2022 a Will Jacobs, que posúe unha extensa carreira como guitarrista de Blues, aprendendo dos máis grandes da escea de Chicago e tocando entre outros moitos con: Linsey Alexander Blues Band, Toronzo Cannon, Shemekia Copland, Sharon Lewis, Mike Wheeler Band,... Destaca pola súa sutileza e gran dominio das seis cordas, ademais de ser un gran compositor, está dotado dunha bronceada voz que lle permite deslizarse sutilmente entre o Blues e o Soul.

Outro dos principais atractivos desta nova edición é  Mr. Julian Vaughn, todo un mestre de mestres no mundo da percusión, sendo na actualidade un dos grandes referentes do Blues e do Jazz. Estamos falando de que no seu día foi batería dun dos reis do Blues como:  Albert King e B.B. King. 

Ademais deles estará, entre outros, Marcos Coll, sobradamente coñecido no mundo do Blues, é un dos mellores armonicistas das últimas décadas e fundador de “Reyes del K.O.”, imaxe da prestixiosa marca HOHNER.

Tamén estarán este ano en "A Guarda Mar de Blues", Javier Vacas, todo un amante do Blues e coñecido por ser membro fundador de Sex Museum, Los Coronas... ou Javier Turnes, fundador da banda galega Bakin Blues Band e do Festival de Blues de Fisterra.

Nesta edición presentarase en exclusiva ao novo bluesman Remi Bankyln que virá directamente desde Londres para deleitarnos cunha boa dose de Blues Tradicional.  

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí