Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN FIRMA UN CONVENIO COA ALCALDESA DE OIA E OS ALCALDES DA GUARDA E DO ROSAL PARA A SINALIZACIÓN DUNHA RUTA DE BTT

A través desta firma a ruta de BTT que percorre a serra da Groba polos concellos de Oia, O Rosal e A Guarda contará con 3 paneis informativos, 50 sinais indicadoras e 50 postes de balizas

A través desta firma a ruta de BTT que percorre a serra da Groba polos concellos de Oia, O Rosal e A Guarda contará con 3 paneis informativos, 50 sinais indicadoras e 50 postes de balizas

Fecha: 11 de Noviembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, firmou coa alcaldesa de Oia, Rosa María Otero Carballa, e os alcaldes da Guarda, Antonio Lomba Baz, e O Rosal, Jesús M. Fernández Portela, un convenio de colaboración para a sinalización dunha ruta de BTT polo suroeste da provincia de Pontevedra.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quixo destacar sobre o acordo que "os novos tempos políticos marcan este modelo baseado na coordinación e cordialidade entre concellos". Ademais, subliñou que o proxecto de sinalización do percorrido pola serra da Groba permitirá percorrer a ruta "non soamente durante a celebración da BTT senón de forma permanente durante todo o ano". Igualmente, Silva destacou a importancia deste convenio polo seus dobre obxectivo xa que "por un lado impulsa a práctica do deporte durante todo o ano pero tamén pon en valor a extraordinaria riqueza paisaxística e patrimonial da zona".

Pola súa parte, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, agradeceu á Deputación o seu apoio na firma deste convenio que "xa que conseguimos así darlle un carácter de permanencia a esta ruta de BTT, permitindo que calquera que queira realizar tanto a proba como percorrer a ruta poida seguila durante todo o ano con total seguridade".

A alcaldesa de Oia, Rosa María Otero Carballo, quixo dar grazas á Deputación por "potenciar este nexo de unión entre os tres concellos que esperamos que se estenda ademais a outras actuacións". Ó respecto da sinalización da ruta, a alcaldesa manifestou que "permitirá que sexa permanente no tempo e que en calquera época do ano se poida percorrer en bicicleta ou ben camiñando".

Xa para rematar, o alcalde de O Rosal, Jesús M. Fernández Portela, destacou que a sinalización da ruta conseguirá "poñer en valor durante todo o ano unha zona repleta de atractivos turísticos ó tempo que se practica deporte".

Desde o ano 2009 os concellos da Guarda, Oia e O Rosal, coa axuda dos clubes ciclistas de cada unha das localidades, veñen organizando entre outubro e novembro unha marcha en BTT de aproximadamente 35 km percorrendo os montes do sur da serra da Groba. O interese que espertou a ruta supuxo que afeccionados ó ciclismo pero tamén ó sendeirismo comezasen a percorrela durante todo o ano. Neste contexto, e co obxectivo de fomentar a permanencia da ruta, os tres concellos polos que discorre contarán, grazas á Deputación de Pontevedra, con 3 paneis informativos dando a coñecer os valores patrimoniais e naturais da zona, 50 sinais indicadoras cos seus respectivos postes de soporte e 50 postes para balizas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones