Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A programación de Nadal na Guarda se centra nos pequenos e pequenas da casa

O Nadal avanza na Guarda coa proposta de actividades variadas pensadas especialmente para as crianzas e as familias. De mércores a venres haberá unha actividade cada día na Praza de Avelino Vicente, onde contamos cunha carpa para poder manter a programaci

O Nadal avanza na Guarda coa proposta de actividades variadas pensadas especialmente para as crianzas e as familias. De mércores a venres haberá unha actividade cada día na Praza de Avelino Vicente, onde contamos cunha carpa para poder manter a programaci

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Diciembre de 2023

Fuente: Concello da Guarda

Baixo o nome “A maxia do Nadal” concéntranse durante estas dúas semanas unha chea de actividades moi pensadas para as familias.

O Nadal avanza na Guarda coa proposta de actividades variadas pensadas especialmente para as crianzas e as familias. De mércores a venres haberá unha actividade cada día na Praza de Avelino Vicente, onde contamos cunha carpa para poder manter a programación en caso de choiva

O día 27 de decembro comeza a diversión cunha xornada lúdica de xogos populares, entre ás 17h. E as 20h. A idea é converter a Praza e a rúa nun campeiro cos xogos de toda a vida: xogos de puntería, a rá , zancos, construccións, a buxaina… e incluso xogos en grupos se o tempo nolo permite. A actividade está pensada para achegarse en familia ou cos amigos.

O día 28 de decembro continuará o xogo pero en forma de baile e musica. O espectáculo “A bailar no Nadal” é unha proposta interactiva na que a historia e os personaxes desafiarán ao público para seguir as coreografías. A actividade será as 17h. cunha duración estimada dunha hora e vinte minutos.

O día 29 de decembro Paco Nogueiras amenizará a tarde co seu concerto “C@nto contigo”, no que repasará as cancións mais cantareiras e coñecidas do seu repertorio, que sen dúbida as pequenas e pequenos da casa ben coñecen. O espectáculo comezará as 17h. E conta cunha duración estimada de 50min.

Durante o fin de semana a programación infantil dáse unha tregua permitindo aos pequeno continuar cos desprazamentos e as visitas familiares típicas desta época e volverá no seguinte mércores 3 de xaneiro co espectáculo infantil “As Palabras Perdidas”, que da man de Bea Campos (Migallas) e Marcos Alonso (ÁrtikaCía) darán vida á Condesa Colorada e ó seu axudante Leocadio, viaxeiros chegados dende moi lonxe que percorren as vilas e aldeas contando historias, pero ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos.

O xoves día 4 a diversión continúa en forma de Xogos, entre ás 17 e as 19h. Os nenos da Guarda terán que superar diferentes xogos, probas e desafíos a cargo dos monitores que dirixen a proposta “Xogos de Nadal”

E como cada ano a programación rematará coa Cabalgata de Reis, que este ano trae importantes cambios, polo que vos emprazamos a permanercer atent@s as seguintes novas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí