Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A promoción do Camiño de Santiago ao seu paso por Tui será un dos obxectivo do obradoiro Percorre Tui 2018

Durante nove meses vinte alumnos se formarán nas especialidades de -Promoción turística local e información ao visitante- e -Confección e publicación de páxinas web-

Durante nove meses vinte alumnos se formarán nas especialidades de -Promoción turística local e información ao visitante- e -Confección e publicación de páxinas web-

Fecha: 04 de Diciembre de 2018

Fuente: Concello de Tui

Vinte persoas en situación de desemprego participan dende hoxe no obradoiro Percorre Tui 2018, no que tras nove meses de formación mellorarán a súa empregabilidade. Impártese no Centro de Formación en Guillarei con dúas especialidades "Promoción turística local e información ao visitante" e "Confección e publicación de páxinas web". Integran o obradoiro un director, unha titora, un docente por especialidade e unha auxiliar administrativo xunto a vinte alumnos e alumnas. O obradoiro conta cunha achega de 288.807€ concedidos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Esta mañá o alcalde, Carlos Vázquez Padín, e a concelleira de Emprego e Formación, Mila González achegáronse ata o Centro de Formación para darlle á benvida aos participantes no obradoiro e desexarlles o máximo aproveitamento desta actividade formativa. O alcalde, como responsable tamén da Área de Turismo, explicouse que arestora está adxudicado a redacción dun Plan Director de Turismo do Municipio, que o concello terá por vez primeira un técnico de Turismo con carácter permanente, e que se ven de completar a sinalización do conxunto histórico. Tamén lles explicou que Tui rexistrou a súa solicitude para formar parte da Rede de Juderías de España, unha resolución que se coñecerá na primavera.

Rodolfo Villalba, director do obradoiro Percorre Tui 2018 explicou que a especialidade de turismo fará un balance e presentará unha serie de propostas para promover o Camiño de Santiago ao seu paso por Tui. Mentres o alumnado de Confección e publicación de páxina web dará forma técnica aos contidos propostos polos seus compañeiros. Mª Jesús Álvarez a monitora da especialidade de Turismo sinalou que se centrarán na promoción non só do Camiño de Santiago ao seu paso por Tui senón tamén as rutas de sendeirismo que hai en todo o termo municipal. Elaborarán informes coa coas fortalezas e deficiencias de cada percorrido. A parte práctica a levarán a cabo coa realización de rutas guiadas, actualización de bases de datos, ou na propia Oficina de Turismo. Mentres Marcos Villafín, o monitor da especialidade de páxinas web indicou que o alumnado se iniciará nas novas tecnoloxías para promover os contidos que aportarán dende a especialidade de Turismo cunha web amigable e accesible dende as distintas plataformas. Este obradoiro pode ser amais o punto de partida para no futuro especializarse nalgún dos ámbitos vinculados, coma posicionamento web, mantemento de páxinas web, marketing dixital, redes sociais,... onde pode atopar unha saída profesional.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí