Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A QUINTA DE TUI CAE ANTE O AUTOS LEIRÓS C. MOS FS

Encontro disputado o pasado sábado no pavillón Óscar Pereiro entre o Concello de Mos e A Quinta de Tui.

O equipo tudense colleitou unha derrota ante o segundo clasificado

Fecha: 18 de Marzo de 2015

Fuente: A Quinta de Tui

FUTSAL. Competición da fin de semana A Quinta de Tui

LIGA GALEGA SUR. Autos Leirós C. Mos FS : 7- A Quinta de Tui: 3

Encontro disputado o pasado sábado no pavillón Óscar Pereiro entre o Concello de Mos e A Quinta de Tui. O equipo tudense colleitou unha derrota ante o segundo clasificado pola súa moi mala primeira parte, chegando con un 5-1 no marcador ao descanso, debido ás numerosas perdas de balón do equipo tudense e que os locais non desaproveitaron.

O equipo de A Quinta nunca se rende e seguiu intentando reducir distancias, pero diante tiñan a un equipo moi veterano que non lle facilitou as cousas co que se chegou ao final con 7-3 no marcador.

O equipo adestrado por Fernando Domínguez sigue mantendo a terceira posición. A estas alturas da competición, e a falta de sete xornadas para rematar a liga, a temporada do equipo tudense está a ser todo un éxito, están a facer unha temporada memorable, pois ao comezo da temporada era un dos equipos sinalados para loitar por manter a categoría e, pola contra, está a ser un dos equipos revelación que se asentou nos postos altos da táboa e aí segue sobrevivindo.

Os goleadores tudenses foron: Miguel, Mario e Robert.

O Equipo Tudense espera volver a senda de vitorias o vindeiro sábado contra o Baíña F.S de Baiona.


LIGA XUVENIL PROVINCIAL. CCR Cabral: 0 - Quinta Amadeus&Sopa Tui: 4

Gran vitoria do equipo xuvenil o pasado sábado no pavillón de Navia contra o Cabral, obtendo un resultado final por 0-4 que fai que os rapaces tudenses se acerquen a parte alta da táboa.

Os goleadores tudenses foron: Andrés, Álvaro, Pablo e Jesús.

A vindeira fin de semana o equipo xuvenil terña que xogar 2 partidos, un correspondente á xornada de liga e outro que foi suspendido por problemas co pavillón.


LIGA ALEVIN GRUPO 6. A Quinta Plaintec Tui: 7 - Escola Futsal Morrazo: 1

Gran vitoria do equipo alevín tudense que venceu a uns dos favoritos da liga por un resultado final de 7-1.

 

 

 

 

LIGA PRE-BENXAMIN GR.2 A Quinta Plaintec Tui: 0 - Cabo de Peñas Treboada A: 3

Derrota por 0-3 na 17 xornada da competición para o equipo Pre-benxamín A Quinta Plaintec Tui. Os máis pequenos continúan progresando e divertíndose, que é o principal obxectivo que A Quinta de Tui ten para rapaces de tan corta idade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones