Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A QUINTA DE TUIS POSICIÓNASE NO 4º POSTO DA CLASIFICACIÓN

Con este novo triunfo os tudenses consolidan a cuarta posición na clasificación con 37 puntos e a un só punto do terceiro clasificado.

Encontro relativamente cómodo para A Quinta de Tui, no que os locais comezaron fríos e sen ritmo pero que pouco a pouco conseguiron controlar para imporse con autoridade.

Fecha: 09 de Febrero de 2015

Fuente: A Quinta de Tui

FUTSAL. LIGA GALEGA SUR. A Quinta de Tui 4 - Leis Marcón 1

 

Nova vitoria para A Quinta de Tui fronte ao Leis Marcón de Pontevedra na 17ª xornada da Liga Galega Sur.

Con este novo triunfo os tudenses consolidan a cuarta posición na clasificación con 37 puntos e a un só punto do terceiro clasificado.

Encontro relativamente cómodo para A Quinta de Tui, no que os locais comezaron fríos e sen ritmo pero que pouco a pouco conseguiron controlar para imporse con autoridade.

A destacar o debut no equipo adestrado por Fernando Domínguez de Olivier, pivote do equipo xuvenil.

Marcaron para os de Tui o capitán Rigo, Miguel (2) e Michi. Na próxima xornada A Quinta de Tui desprázase a Verín coa intención de continuar coa boa traxectoria dos últimos partidos.

 

LIGA XUVENIL PROVINCIAL. Quinta Amadeus&Sopa Tui 3- CD Miralba A 2

 

Importante e merecida vitoria do equipo xuvenil A Quinta Amadeus&Sopa Tui na Liga Provincial fronte ao CD Miralba A de Vigo. O encontro, que se disputou o domingo pola mañá no Pavillón Novo de Tui, foi intenso e con alternativas ata que os tudenses impuxeron o seu maior ritmo de xogo na segunda metade.

 

LIGA ALEVIN GRUPO 1. Poio Pescamar Fem. A 5 - Quinta Plaintec Tui 3

 

Derrota do equipo alevín A Quinta Plaintec Tui fronte ao líder da competición, o equipo feminino Poio Pescamar A.

 

LIGA PRE-BENXAMIN GRUPO 2. A Quinta Plaintec Tui 1- Arealonga FS A 3

 

Derrota do equipo Pre-benxamín A Quinta Plaintec Tui fronte ao Arealonga FS A por 1-3 nun novo encontro dos máis cativos da Escola de Futsal de A Quinta de Tui.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones