Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Red de Juderías promove o programa educativo -Benjamín de Sefarad- para o alumnado de 6º de Primaria e 1º da ESO

O CEIP de Pazos de Reis é un dos centros participantes nesta iniciativa

O CEIP de Pazos de Reis é un dos centros participantes nesta iniciativa

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Abril de 2021

Fuente: Concello de Tui

A Rede de Juderías promove, un ano máis, o Programa Educativo “Benjamín de Sefarad” para dar a coñecer entre os e as estudantes o legado xudeu das cidades que forman parte da Rede de Juderías de España. Esta actividade vai dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e de 1º da ESO de toda España convite de converterse en “Descubridores de Sefarad” dun modo ameno e moi divertido. Tamén se lles convida a participar na terceira edición do Concurso de Micro-relatos da Red. A temática do concurso é a “Viaxes sefardíes”, e pretenderá que os alumnos e as alumnas reflexionen sobre as diferentes motivacións das viaxes, desde o lecer, ao comercio pero tamén o exilio e a fuxida.

O CEIP de Pazos de Reis sumouse a este programa educativo e abre así a participación por vez primeira dos centros educativos tudenses nesta proposta que impulsa a Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad á que pertence o Concello de Tui dende marzo de 2019.

Na edición do ano pasado, máis de 500 escolares de toda España participaron no xogo de preguntas e respostas online Pequenos Descubridores. Recibiron máis de 200 relatos ao II Concurso de Microrrelatos, entre os que houbo fabulosos premios e 25 foron seleccionados para edición dun libro que se pode ler na web da Red de Juderías.

Este ano, segundo informa o Concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, valémonos da paixón dos nosos mozose mozas polas viaxes para axudarlles a descubrir máis sobre a influencia da cultura xudía nos nosos días. A través de fabulosos materiais propómoslles reflexionar sobre as viaxes do mundo xudeu e sobre as diferentes motivacións que pode levar ao ser humano a emprender unha longa viaxe. O programa que consta dun vídeo educativo, unha exposición virtual e un caderno de traballo con preguntas e respostas, está dirixido a alumnos de 6º de Primaria e 1º da ESO. Os interesados en recibir mais información sobre este programa e como poden levalo a cabo no seu centro, deben poñerse en contacto a través da conta de correo electrónico descubridores@redjuderias.org

Ademais, e por terceiro ano consecutivo, calquera alumno de 6º de Primaria ou de 1º curso da ESO que o desexe poderá participar no III Concurso de Microrrelatos da Rede de Xudarías de España que outorga fabulosos premios en viaxes. Os textos deberán ser inéditos e estar escritos en castelán, catalán, euskera ou galego e a extensión máxima será de 350 palabras (sen contar o título). O prazo para enviar os relatos está aberto ata o 15 de maio de 2021. Pódese ampliar esta información e consultar as bases en: https://redjuderias.org/3a-concurso-de-microrrelatos-2020/.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones