Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Regata Miño Internacional bate récord de participación este sábado na súa edición de 2019

Celebrarase este sábado en augas do río entre Currás, en Tomiño, e Tui cunha distancia de 6 mil metros. Por vez primeira participará un Oito feminino entre os 44 barcos en competición.

Celebrarase este sábado en augas do río entre Currás, en Tomiño, e Tui cunha distancia de 6 mil metros. Por vez primeira participará un Oito feminino entre os 44 barcos en competición.

Fecha: 26 de Enero de 2019

Fuente: Concello de Tui

Mañá sábado celébrase a XXXIX Regata Miño Internacional - Copa Presidenta da Deputación, organizada polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Remo. Constará dunha distancia de 6 mil metros entre Currás, Tomiño, e Tui (fronte á rúa Olímpicos Tudenses). A proba baterá este ano record de participación con 271 remeiros e remeiras de 19 clubs galegos e portugueses e 44 embarcacións Catro Scull e Oito.

Na presentación realizada esta mañá na casa do concello o alcalde, Carlos Vázquez Padín, indicou que se trata dunha proba de gran tradición, espectacular, e consolidada que conta cun atractivo indubidable porque reúne o deporte e a beleza do río. Apuntaba amais que é unha competición dun "deporte que hoxe forma parte consustancial da identidade tudense coma é o remo olímpico". Pola súa banda o concelleiro de Deportes, Eduardo Freiría, sinalou que se trata dun evento que "pon de relevancia o Miño como un espazo de actividades deportivas e de lecer". Ao tempo que aludiu a gran canteira de profesionais do remo e do kaiak que hai en Tui.

O presidente do Club Remo do Miño, José Luís Méndez, lembrou que o club Remo do Miño cumpre 45 anos, aproveitando para agradecer o esforzo e o traballo das directivas que fixeron posible esta realidade.

Os vicepresidentes do club, José Prada e Manuel Ángel González, foron os responsables da dar os datos técnicos da Regata que terá unha distancia de 6 mil metros dende Currás ata Tui. A primeira saída será ás 11.50h para o Catro Scull, e a última ás 12.40h. A entrega de premios está prevista para ás 13.30h. Os dous destacaron o feito de que por vez primeira competirá un 8 feminino, entre os 271 inscritos hai 67 remeiras.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones