Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A reurbanización da rúa Casal Aboy de Tui suporá unha mellora substancial desta rúa

Este é un dos proxectos para os que se habilitou crédito con cargo ao remanente de tesourería

Este é un dos proxectos para os que se habilitou crédito con cargo ao remanente de tesourería

Fecha: 31 de Julio de 2017

Fuente: Concello de Tui

A reurbanización da rúa Casal Aboy mellorando as súas condicións de habitabilidade tanto para os veciños coma para os que transitan pola mesma é o obxectivo do proxecto de humanización que se vai executar na mesma cun orzamento de 299.679,19€. Este foi un do proxectos para os que onte en pleno se aprobou habilitar crédito con cargo ao remanente de Tesourería.

No proxecto que se vai executar o peón pasará a ter o protagonismo coa construción dunha praza alongada na que os vehículos quedarán nun segundo plano. A proposta recolle a creación dun novo perfil na rúa, totalmente accesible, na que as beirarrúas se amplían e transforman coa colocación de bancos, pérgolas e elementos vexetais. Dunha banda contémplase unha ampla zona peonil na beirarrúa mais comercial, mantendo na outra - onde está o novo centro de saúde - unha zona de aparcamento en liña. Ao tempo crearanse tamén novos espazos de encontro para a cidadanía. Recóllese unha calzada dun so carril de 3,25 metros.

Onte tamén se aprobou habilitar crédito, por importe de 180 mil euros, para a ampliación, renovación do alumeado e mellora da eficiencia enerxética no conxunto histórico de Tui no que se contempla a substitución das actuais luminarias por outras tipo led. Esta actuación redundará tanto na mellora das condicións de vida e na zona, coma tamén suporá un importante aforro enerxético, e contribuirá a posta en valor das rúas de intramuros que veñen de ser peonalizadas. O proxecto recolle tamén alumeado ornamental na contorna da Catedral, o mosteiro das Clarisas, e nos túneles do casco vello.

Tamén se habilitou un crédito de 31.702€ para a redacción dun estudo de viabilidade e dun anteproxecto para a construción dun aparcamento no subsolo da traseira Área Panorámica, deixando en superficie unha zona verde. Mentres 146.672,64€ serán destinados á adquisición do recinto aduaneiro situado na Avenida de Portugal, a carón da vella Ponte Internacional para establecer alí un aparcadoiro para caravanas ou outros usos.

Por outra parte preto de 200 mil euros do remanente de tesourería terán por obxectivo a reforma do edificio municipal situado a carón do vello centro de saúde na rúa Camilo José Cela, e case 88 mil serán para a reforma do edificio situado na Baixada ao Embarcadoiro onde ten a súa sede o club Náutico San Telmo.

A corporación municipal deu o apoio unánime ao ditame para habilitar crédito con cargo ao remanente de tesourería para todos estes proxectos. Mentres foi aprobado por oito votos a favor do equipo de goberno, co voto de calidade do alcalde, a proposta da alcaldía de destinar preto de 268 mil euros para o arranxo da estrada de Sambad en Malvas, e máis de 657 mil euros para a reforma e ampliación do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez.

Este último proxecto ten por obxectivo a reforma do actual edificio, que data de 1987, e que presenta problemas de condensación, humidades por capilaridade, fisuras e gretas en fachadas, e falla de illamentos térmicos. A proposta a executar buscará abrir a zona de adestramento, na planta baixa, ao Miño, cun sala de espera, entrada lateral, acceso adaptado, almacén de piraguas, e vestiarios. Mentres, no primeiro andar que aumentará en volume, plantéxase a zona administrativa, crearase unha zona de fisioterapia, sala de descanso, zona de sauna, hidromasaxe, crioterapia e vestiarios, e se manterá a zona de ergómetros. O edificio contará con novas entradas de luz natural e toda a fachada será revestida dunha "pel" que lle dará homoxeneidade e a integrará no entorno.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones