Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A selección galega absoluta masculina e Xapón veránse as caras esta fin de semana en O Rosal

O combinado asiático, adestrado por Antonio C. Ortega, participa no Mundial de Francia (11-29 de xaneiro)

O combinado asiático, adestrado por Antonio C. Ortega, participa no Mundial de Francia (11-29 de xaneiro)

Fecha: 07 de Enero de 2017

Fuente: Acanor Atl. Novás

A selección galega absoluta masculina volve as canchas ante o seu público aproveitando o parón ligueiro no Nadal. Desta forma, Galicia terá un dobre enfrontamento contra Xapón os días 7 e 8 de xaneiro en Bueu e O Rosal, respectivamente.

Víctor García "Pillo" repite como seleccionador e hoxe deu a coñecer as convocatorias na que hai xogadores de Asobal (Javi Díaz, Víctor Rodríguez, Roberto Sánchez, Diego Piñeiro, David García, Serafín Pousada, Jesús Soliño, Alejandro Pombo, Pablo Castro, Paulo Dacosta, Rubén Soliño, Moisés Simes ou Dani Cerqueira), así coma un (Adrián
Rosales) que compite fóra de España (no Caen de Francia).

O rival será Xapón, que está a preparar o próximo Mundial de Francia, que se celebrará do 11 ao 29 de xaneiro. O conxunto nipón ten como seleccionador ao español Antonio C. Ortega, e por iso apostaron por Galicia para realizar esta preparación. Entre os convocados de Xapón (un nutrido grupo do que haberá unha convocatoria final) hai un xogador que coñece ben o balonmán español: Atsushi Mekaru, do BM Ángel Ximénez.

O 7 de xaneiro celebrarase o primeiro partido en Bueu a partir das 20:30 horas, mentres que o día 8 de xaneiro xogarán no Rosal (18:00 horas).
Ademais, Xapón xogará tamén o día 9 en Pontevedra contra o Teucro
(20:45 horas).

ÚLTIMOS ENCONTROS. No pasado Nadal, Galicia tamén participou en dos amigables, nesta oportunidade contra Marrocos. Os Galaicos venceron 26-21, no partido celebrado en Cangas e 30-24 no disputado no Rosal.



Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí