Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A terceira edición da BTT Ruta do Viño Rías Baixas pasará polos concellos de O Rosal e Tomiño

As persoas interesadas en inscribirse terán até o día 18 de outubro para facelo

As persoas interesadas en inscribirse terán até o día 18 de outubro para facelo

Fecha: 06 de Octubre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A Ruta do Viño Rías Baixas celebrará o domingo 21 de outubro, a terceira edición da BTT Ruta do Viño Rías Baixas, na que os organizadores esperan un novo éxito de convocatoria, con máis de 250 participantes.

Esta terceira edición trasládase a O Rosal e foi presentada onte no Pazo de Mugartegui.

O acto contou coa presenza do presidente da Ruta do Viño Rías Baixas, Juan Gil de Araujo; a alcaldesa do Concello do Rosal, María del Carmen Alonso; a deputada de Emprego da Deputación de Pontevedra, Montserrat Magallanes; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; o concelleiro de Deportes do Concello de Tomiño, Ismael Troncoso; patrocinadores da proba e representantes de adegas asociadas na subzona do Rosal.

Esta 3ª BTT contará cun percorrido de 45,5 quilómetros, que discorrerá entre os concellos do Rosal e Tomiño. O punto de inicio e finalización será a Praza do Concello do Rosal. A proba dará comezo ás 09.30 horas e estímase unha duración aproximada de algo máis de dúas horas para completar o percorrido.

A actividade ofrecerá aos participantes a posibilidade de descubrir os viñedos que rodean cinco adegas asociadas (Quinta Couselo, Lagar de Cervera, Altos de Torona, Terras Gauda e Valmiñor).

Ademais, estableceranse dous puntos de avituallamiento, onde os deportistas poderán repoñer forzas para finalizar a proba.

O prazo de inscrición permanecerá aberto até o día 18 de outubro. As persoas interesadas deben formalizar a súa inscrición a través da web www.bttrutavinoriasbaixas.com. O prezo do dorsal é de 10 euros para deportistas federados e de 20 euros para os que non o están, incluíndo todos os seguros pertinentes.

Todas as persoas participantes levarán unha camiseta técnica de recordo, así como unha botella de viño do D.Ou. Rías Baixas, elaborado por algunha das adegas asociadas á Ruta do Viño Rías Baixas. Ao finalizar a proba, ofrecerase un ágape a todos os deportistas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones