Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A TOMIÑESA IRIA RODRÍGUEZ DOMINA NA CATEGORÍA CADETE DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE DÚATLON

A deportista do Atletismo Porriño foi en cabeza durante toda a proba, aínda que había un nutrido grupo de deportistas en escasos segundos, polo que tivo que ser no último tramo da carreira a pe onde se decidiu o triunfo final.

Iria foi a máis rápida cun tempo de 33:17, seguida por Natalia Hildago (33:31) e Tania Álvarez (33:32)

Fecha: 06 de Abril de 2016

Fuente: Fegatri

As galegas Iria Rodríguez (cadete) e Susana Rodríguez (paradúatlon) reinaron na tarde do Sábado pasado no Campionato de España de Dúatlon, que se disputou en Cerdanyola, coa participación de máis de 1.200 deportistas.

A primeira en participar foi a nosa Susana Rodríguez Gacio (Mar de Vigo), xunto á súa guía Mayalen Noriega, na categoría TRI-5, para deportistas con discapacidade visual. A galega foi moi superior as súas contrincantes e foi dominando a proba dende o primeiro segmento de carreira a pe, no que os xuíces cometeron un erro e as obrigaron a facer unha volta extra. Na bicicleta as distancias se fixeron xa imposibles para as perseguidoras e Susana enfrontou a proba coma un adestramento máis cara a preparar o mellor posible os Xogos Paralímpicos de Río. O tempo final de Susana Rodríguez, co que se proclamou campioa de España de paradúatlon foi de 01:15:39.

A continuación celebráronse as probas cadete sobre as distancias de 2,5 quilómetros de carreira a pe, 10,7 quilómetros de bicicleta e 1.250 metros de carreira a pe e cunha altísima participación (case trescentos deportistas). Galicia partía con opcións de podio e Iria Rodríguez (Atletismo Porriño) confirmou os prognósticos. A deportista do Atletismo Porriño foi en cabeza durante toda a proba, aínda que había un nutrido grupo de deportistas en escasos segundos, polo que tivo que ser no último tramo da carreira a pe onde se decidiu o triunfo final. Iria foi a máis rápida cun tempo de 33:17, seguida por Natalia Hildago (33:31) e Tania Álvarez (33:32), que decidiron os outros dous postos no podio ao sprint. A oitava posición foi para Inés Castaño (Arcade Inforhouse) cun tempo de 33:54.

Na categoría masculina, triunfo para o deportista con licenza valenciana Romaric Forques, pertencente ao Cidade de Lugo Fluvial (28:50). Partía como favorito e non deu opcións ao resto. Escapou no primeiro segmento e fixo en solitario o resto da proba.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones